InicioPOLÍTICAO PPdeG acusa á alcaldesa de Santiago de ser unha "afiliada radical...

O PPdeG acusa á alcaldesa de Santiago de ser unha “afiliada radical do BNG”

Acúsaa de voar " as pontes" coa Xunta na súa carta aberta.

Publicado o

Xornal de Compostela

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, cargou este xoves contra a alcaldesa de Santiago, a nacionalista Goretti Sanmartín, pola súa carta aberta á cidadanía na que botaba en cara ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o “desprezo” do Executivo cara á capital galega. “As palabras que utiliza a alcaldesa non son as adecuadas dunha representante da cidade, senón máis ben dunha afiliada radical do BNG que voou calquera ponte coa Xunta”, advertiu, en rolda de prensa, antes de incidir na relevancia de que o Concello e o Goberno galega teñan “unha boa sintonía”.

Ao seu xuízo, o que se ve en Santiago é unha alcaldesa que “exerce de militante radical do BNG”, á que instou, ademais, a que “no canto de fixarse nos investimentos” que o Executivo galego fai “noutras cidades” observe “a execución dos seus orzamentos”. Prado, quen secundou a carta que, nesa mesma xornada, fixo pública o líder do PP local, Borja Verea, insistiu en que Sanmartín “dinamita” a relación coa Xunta. “Iniciou a voadura”, avisou e, tras remarcar que ela mesma é compostelá, agregou que non sente “representada nesas palabras”.

“Por tanto, pídolle ‘sentidiño’ e mesura’ á hora de facer declaracións institucionais. Se quere falar como militante radical do Bloque estamos noutro terreo, pero os santiagueses non merecemos a unha alcaldesa que desprece á Xunta, que tantos investimentos fixo en Santiago”, esgrimiu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...