InicioSOCIEDADEO pleno aproba a declaración conxunta para reclamar un xulgado exclusivo de...

O pleno aproba a declaración conxunta para reclamar un xulgado exclusivo de violencia de xénero

Os grupos reiteran a necesidade de dotar á cidade dun xulgado exclusivo sen que se elimine ningún outro

Publicado o

Xornal de Compostela

O pleno de Santiago aprobou por unanimidade a declaración conxunta a través da que os grupos municipais reiteraron a necesidade de dotar á cidade dun xulgado exclusivo de violencia contra as mulleres “sen que isto signifique que se prescinda de ningún outro instrumento xudicial e sen que se elimine ningún outro xulgado de instrución”.

No documento sinálase que “tanto a evolución do número de denuncias por violencia machista como as recomendacións para o tratamento especializado destes casos, xustificaron a reclamación dun xulgado específico sobre violencia de xénero en Santiago de Compostela, que foi apoiada pola unanimidade do pleno o 25 de marzo de 2021”.

A declaración fundamenta esta demanda tanto na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, que alude ao obxectivo de especializar o tratamento de denuncias por violencia machista, como no Pacto de Estado contra a violencia de xénero que sinala a “necesidade de reforzar a especialización no ámbito procesual intermedio, xulgados do penal, que son os que atenden un maior número de casos de violencia machista”.

Tamén se lembra que a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do 24 de xaneiro de 2024 acordou solicitar a creación de novas unidades xudiciais sobre as mulleres de Santiago de Compostela. Esta resolución trae causa tamén do acordo da comisión mixta do día 30 de maio de 2024 entre o Tribunal Superior de Galicia e a Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O Tacgal rexeita o recurso contra a adxudicación do novo contrato do transporte urbano de Santiago

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) desestimou e inadmitiu o recurso...