InicioSANTIAGOO Refuxio de Bando prevé investir 90.000 euros en melloras das súas...

O Refuxio de Bando prevé investir 90.000 euros en melloras das súas instalacións

Publicado o

Xornal de Compostela

A Fundación Refuxio de Bando acometerá ao longo de 2025 un investimento de preto de 90.000 euros para realizar melloras estruturais e funcionais nas súas instalacións, segundo se acordou na última reunión do padroado, celebrada esta semana no Pazo de Raxoi. A iniciativa busca optimizar os espazos, garantir a seguridade laboral e mellorar a atención aos animais acollidos.

A maior parte do financiamento, 50.000 euros, será achegado polo Concello de Santiago, que ademais xa destina anualmente arredor de 360.000 euros para o funcionamento xeral e o servizo de lacería. O resto da contía será cuberta polos outros oito concellos que forman parte da fundación, mediante contribucións proporcionais que foron aprobadas como achegas extraordinarias.

Así, Teo achegará 12.290,27 euros, seguido de Padrón con 6.148,93 euros, Brión con 5.435,52, Vedra con 3.142,70, Boqueixón con 2.842,86, Touro con 2.123,88, Dodro con 1.872,39, e Trazo con 1.746,82 euros. Estas partidas súmanse ao orzamento habitual destinado ao funcionamento ordinario do centro.

Durante o encontro, a dirección da fundación trasladou as prioridades de actuación para este exercicio, entre as que destacan a construción dun despacho independente para a dirección, separándoo do espazo que ata agora compartía coa área veterinaria. Esta medida responde ás exixencias de seguridade e mellora das condicións laborais, dado que antes ambas funcións recaían na mesma persoa.

Tamén se acometerán actuacións nas entradas dos novos parques caninos, co fin de facilitar o acceso das persoas e dos animais, así como a ampliación e mellora de canís, a habilitación da zona de consulta e quirófano con novo mobiliario, a reparación da área de cuarentena e o peche de zonas con enreixados deteriorados.

Ademais, co orzamento ordinario da fundación, prevese reforzar os servizos de limpeza, unha medida valorada positivamente polo equipo do refuxio ante o aumento da carga de traballo e o número de animais aloxados.

O padroado tamén acordou solicitar apoios complementarios doutras administracións públicas, delegando no vicepresidente da fundación e concelleiro compostelán Xesús Domínguez a xestión destas peticións de axuda co obxectivo de completar os fondos necesarios para os proxectos en curso.

O Refuxio de Bando continúa a ser unha peza clave na xestión do benestar animal da comarca, e con este plan de investimento pretende dar resposta aos novos retos que supón o crecemento da demanda e o coidado responsable da fauna doméstica abandonada.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here