InicioCULTURAO Encontro Universitario de Danza reunirá no Teatro Principal as compañías das...

O Encontro Universitario de Danza reunirá no Teatro Principal as compañías das tres universidades galegas

A USC acolle os días 8 e 9 de abril unha nova edición do EUD con entrada libre e participación das aulas de danza de Santiago, A Coruña e Ourense

Publicado o

Xornal de Compostela

A 23ª edición do Encontro Universitario de Danza (EUD) celebrarase os días 8 e 9 de abril no Teatro Principal de Santiago, reunindo as creacións coreográficas das tres universidades públicas galegas. O evento, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no marco da súa Primavera Cultural, ten como obxectivo promover o intercambio artístico e a visibilidade da danza contemporánea no ámbito académico.

A programación comezará o martes 8, ás 20:30 horas, coa actuación da Aula de Danza da Universidade da Coruña, que presenta a peza hyphē, unha creación colectiva guiada pola mediación de Javier Martín. A seguir, será a quenda da Compañía de Danza da USC, que estrea REDes, unha obra dirixida por Rosa Acuña e interpretada por un elenco que une as tres agrupacións da USC: Compostela, Lugo e o grupo Sen Vergoña.

O mércores 9, o público compostelán poderá asistir á representación de Máis tarde, cá cedo, a proposta da Aula de Danza do Campus de Ourense, baixo a dirección de Nuria Sotelo e coreografía de Ainoa Linaza. A xornada pecharase cunha segunda interpretación de REDes a cargo da Compañía de Danza da USC.

Todas as representacións contarán con entrada libre e gratuíta, co obxectivo de facilitar o acceso da cidadanía á programación cultural universitaria.

A peza REDes destaca pola súa concepción colaborativa e a súa estética sustentable. A coreografía está acompañada dun audiovisual de Iria Estévez e textos poéticos de Sabela Rodríguez. O vestiario foi confeccionado a partir de materiais reciclados, grazas á colaboración das Redeiras de Aguiño, Redeiras de Cangas do Morrazo e Suso Mariñeiro. Entre os intérpretes figuran 16 estudantes e membros da comunidade universitaria, como Alexandra Clista, Mario Vázquez, Rosa Menéndez ou Sabela R. Campo, entre outros. As fotografías da montaxe foron realizadas por Maribel Pereiro, Fernando Collazo e Ayla Leiva.

O Espazo de Danza da USC, coordinado por Juan Carlos Zahera, é unha iniciativa pioneira no sistema universitario español. Dende a súa creación hai máis de dúas décadas, produciu 40 montaxes coreográficas e participou en máis de 300 actuacións en festivais, mostras e encontros de carácter artístico e científico.

Tras a súa parada en Compostela, o EUD trasladarase ao Campus de Lugo entre os días 8 e 10 de maio, continuando así o seu percorrido como plataforma de encontro e expresión artística para a mocidade universitaria galega.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here