InicioECONOMÍAPilar Otero asume a presidencia da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca...

Pilar Otero asume a presidencia da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca na nova etapa da asociación estatal

A directiva galega releva a Rita da Igrexa tras a asemblea celebrada en Santiago de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

Pilar Otero, actual directora de administración da empresa Frigorífico Rosa dos Ventos, foi nomeada nova presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) durante a asemblea extraordinaria celebrada este sábado en Santiago de Compostela. A elección marca o inicio dun novo mandato de catro anos, no que Otero tomará o relevo da anterior presidenta, Rita da Igrexa, cuxo período á fronte da entidade remataba neste 2024.

A nova xunta directiva, que acompañará a Otero na dirección da asociación, estará composta por María Jesús Otero na vicepresidencia, María Anxos Cayuela como secretaria, Luisa Seco como tesoureira e varias vogais territoriais: María Sonia López por Galicia, Remedios Ruso pola Comunidade Valenciana, Inmaculada Carrasco por Andalucía e Soidade Alonso por Cantabria.

Anmupesca, constituída no ano 2016, agrupa máis de vinte asociacións vinculadas ao sector pesqueiro feminino de todo o Estado. A entidade traballa en ámbitos como a defensa dos dereitos das mulleres da pesca, o análise do seu papel na cadea mar-industria e o impulso do empoderamento e recoñecemento profesional das traballadoras.

A nova presidenta galega asume o cargo nun contexto de cambios e retos para o sector, con especial atención á situación das mariscadoras, rederas, percebeiras e outras profesionais que desenvolven a súa actividade tanto no litoral como en ámbitos da transformación e comercialización.

Desde Anmupesca, sinalan que esta nova etapa pretende fortalecer a visibilidade das mulleres no mar e incidir na igualdade de oportunidades, ao tempo que se busca incrementar a representatividade da entidade en espazos de decisión e nas políticas públicas do sector pesqueiro.

ÚLTIMAS

A Feira do Libro de Santiago abre a súa 45ª edición reivindicando a Begoña Caamaño e a lectura en galego

A 45ª Feira do Libro de Santiago de Compostela arrancou este sábado cunha xornada...

Un control na AP-9 destapa un posible caso de falsidade documental no transporte

A Garda Civil de Santiago mantén aberta unha investigación contra dúas persoas como presuntas...

A SD Compostela vence ao Estradense e mantén vivo o pulso polo ascenso na última xornada

A SD Compostela continúa con vida na loita polo ascenso tras superar este domingo...

O pleno desbloquea o pago das facturas de Serviplus para saldar a débeda salarial co persoal dos centros socioculturais

A corporación municipal de Santiago deu luz verde este xoves, durante a sesión plenaria,...

O pleno desbloquea o pago das facturas de Serviplus para saldar a débeda salarial co persoal dos centros socioculturais

A corporación municipal de Santiago deu luz verde este xoves, durante a sesión plenaria,...

O Concello de Santiago recibirá o luns o informe para a municipalización dos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, avanzou que o luns o Concello...

A alcaldesa de Santiago defende o labor do Concello para gañar rutas aéreas e acusa á Xunta de “non coller o temón” da política...

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, defendeu o impulso que se dá desde o...