InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Catedral de Santiago, entre os edificios que se apagarán este sábado...

A Catedral de Santiago, entre os edificios que se apagarán este sábado pola Hora do Planeta

A Hora do Planeta é unha iniciativa de World Wide Fund for Nature que consiste en apagar as luces de edificios e monumentos de cidades ao redor do mundo como símbolo de defensa do medio ambiente

Publicado o

Xornal de Compostela

A Torre de Hércules, o Parlamento de Galicia, a ponte romana de Ourense e a Catedral de Santiago son algúns dos edificios que apagarán as súas luces este sábado, 22 de marzo, entre as 20.30 e as 21.30 horas con motivo da iniciativa A Hora do Planeta. A Hora do Planeta é unha iniciativa de World Wide Fund for Nature que consiste en apagar as luces de edificios e monumentos de cidades ao redor do mundo como símbolo de defensa do medio ambiente.

En Galicia, máis dunha trintena de municipios se apuntou a esta iniciativa. Participan cidades como: A Coruña (Torre de Hércules, Obelisco Millenium, fonte de Catro Camiños), Santiago (Parlamento, Praza do Obradoiro, Catedral e Pazo de Raxoi); Ferrol (Praza de Armas); Ourense (Deputación e ponte romana) e Pontevedra (Deputación, Palacete dos Mendoza, Edificio Castelao do Museo de Pontevedra).

Segundo a información de WWF, tamén participan diferentes edificios e prazas doutros municipios galegos de menor tamaño: As Pontes, Becerreá, Bergondo, Betanzos, Burela, Cangas, Carballo, Culleredo, Fene, Ferrol, Marín, Miño, Moeche, Monforte, Mos, Neda, Nigrán, O Rosal, Oleiros, Poio, Porto do Son, San Sadurniño, Sanxenxo, Sarria, Tui, Vilalba e Viveiro. Este movemento naceu en Sydney (Australia) o ano 2007 e desde entón, máis de 200 países se unen á iniciativa e apagan as súas edicifios durante unha hora no mes de marzo, como a Torre Eiffel de París ou o Coliseo de Roma.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...