InicioSANTIAGOUn estudo en augas residuais detecta menor consumo de cocaína e cannabis...

Un estudo en augas residuais detecta menor consumo de cocaína e cannabis en Santiago, pero confirma a aparición da ketamina

A análise de augas residuais na depuradora da Silvouta tamén reflicte un aumento no consumo de anfetaminas

Publicado o

Xornal de Compostela

Un estudo europeo sobre o consumo de drogas ilícitas a través da análise de augas residuais revela que, en Santiago de Compostela, descendeu a presenza de cocaína e cannabis con respecto ao ano anterior. Con todo, por primeira vez, detectouse ketamina nas augas analizadas, segundo os datos publicados este mércores polo grupo SCORE, en colaboración coa Axencia da Unión Europea sobre Drogas (EUDA).

O informe, que empregou mostras da depuradora da Silvouta, analiza o consumo medio diario de diferentes substancias na cidade e permite comparar a súa evolución ao longo do tempo.

Segundo os datos recollidos, o consumo medio de cocaína en Santiago en 2024 foi de 609,79 mg por cada 1.000 habitantes ao día, unha ligeira baixada en comparación cos 627,43 mg rexistrados en 2023. A análise tamén confirma que os sábados son o día da semana no que máis se consome esta droga, chegando a 783,42 mg/1000p/día.

No caso do cannabis, os datos indican unha media de 54,32 mg/1000p/día, mantendo tamén unha leve redución con respecto ao ano anterior. Como no caso da cocaína, o sábado foi o día con maior presenza desta sustancia nas augas residuais.

APARICIÓN DE KETAMINA E AUMENTO DE ANFETAMINAS

Un dos aspectos máis destacados do informe é a aparición da ketamina por primeira vez nas análises da depuradora compostelá, cunha media de 3,97 mg/1000p/día. Os datos revelan que os días de maior consumo desta substancia, que ten usos tanto médicos como recreativos, son os mércores e os xoves.

Por outra banda, a análise tamén reflicte un incremento no consumo de anfetaminas, que se situou nos 10,93 mg/1000p/día. O último dato dispoñible era de 2022, cando se rexistraron 8,35 mg/1000p/día, polo que se confirma unha tendencia ascendente. O sábado foi, novamente, o día no que se detectou un maior consumo desta droga estimulante.
METODOLOXÍA DO ESTUDO

O estudo forma parte do maior proxecto europeo de monitoreo do consumo de drogas mediante augas residuais, no que se analizaron mostras diarias recollidas entre marzo e maio de 2024. No total, a investigación abarcou augas residuais correspondentes a 68,8 millóns de persoas, co obxectivo de detectar trazas de cinco drogas estimulantes (anfetamina, cocaína, metanfetamina, MDMA/éxtase e ketamina), así como cannabis.

O informe permite coñecer as tendencias de consumo a nivel local e comparar Santiago con outras cidades europeas, ademais de ofrecer datos clave para a toma de decisións en materia de prevención e políticas de saúde pública.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...