InicioSANTIAGODiego Pena asume a dirección científica do CiQUS

Diego Pena asume a dirección científica do CiQUS

O investigador afronta o reto con "responsabilidade e ilusión" para consolidar a excelencia do centro

Publicado o

Xornal de Compostela

O investigador Diego Pena foi designado como novo director científico do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O nomeamento, que terá unha duración de catro anos prorrogables, prodúcese tras a proposta da Comisión Reitora do centro e o informe favorable da Comisión Científica Externa.

Pena substitúe a José Luís Mascareñas, quen ocupaba o cargo desde 2014. Como novo director, será o encargado de definir as liñas estratéxicas e científicas do CiQUS, ademais de xestionar as relacións institucionais con outras entidades e supervisar, xunto coa dirección adxunta, as funcións executivas do centro.

“Afronto o reto cunha mestura de responsabilidade e ilusión”, declarou Pena, quen destacou a importancia de consolidar o nivel de excelencia acadado ata o momento. O seu obxectivo principal será crear un ambiente que favoreza a colaboración dos investigadores e que impulse as súas carreiras profesionais.

RECOÑECEMENTO PARA A INVESTIGACIÓN GALEGA

Por outra banda, a Fundación laCaixa concedeu unha das súas prestixiosas bolsas posdoutorais ‘Junior Leader’ a Anxo Fariña, investigador no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (Igfae). Fariña, especialista en física teórica e doutor por este mesmo instituto, foi o único investigador galego en recibir esta axuda na presente convocatoria.

A bolsa permitirá ao científico proseguir o seu traballo no Igfae, un centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, fortalecendo así a investigación no ámbito da física teórica en Galicia.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...