InicioPOLÍTICABeiras e antigos cargos do PSOE, entre os novos asinantes da carta...

Beiras e antigos cargos do PSOE, entre os novos asinantes da carta en apoio aos edís expulsados

A que fora deputada autonómica Marisol Soneira, o exdiputado no Congreso Adolfo Pérez Abellás, a exconcelleira de Ourense Aurea Soto figuran entre os novos asinantes da carta en apoio aos edís de Santiago de Compostela expulsado do Partido Socialista, que xa alcanza as 850 rúbricas

Publicado o

Xornal de Compostela

O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras e antigos cargos do PSOE como a que fora deputada autonómica Marisol Soneira, o exdiputado no Congreso Adolfo Pérez Abellás, a exconcelleira de Ourense Aurea Soto figuran entre os novos asinantes da carta en apoio aos edís de Santiago de Compostela expulsado do Partido Socialista, que xa alcanza as 850 rúbricas. Entre os novos asinantes, aparecen antigos cargos do PSOE como o que fora director xeneral de Tráfico e subsecretario de Interior, José L. Martín Palacín, así como persoas doutras formacións como o exconcelleiro de Compostela Aberta Manuel Divos Diz e o que fora líder de Compromiso por Galicia, Xoán Báscuas.

Ademais, sumáronse personalidades do ámbito cultural, como a escritora María Solar, a libreira María Xesús Couceiro Caramés e a cineasta e académica da RAG Margarita Ledo Andión, ademais do coordinador dos Observatorios da Cultura Galega do CCG, Hukan Casares Berg. Tamén asina a carta o profesor e xornalista Xosé López García ou a activista feminista, Nanina Santos Castroviejo. Do tecido empresarial, sumaron os seus apoios Xavier Freire e José Antonio Seijas, presidente da Asociación Comercio Punto Compostela. Ademais, no ámbito da sanidade, aparecen entre as firmas o xefe do servizo de Neuroloxía do CHUS, José Mª Prieto González ou a otorrino Sofía Santos Pérez, así como persoas do ámbito educativo, como Maribel Martín ou o que fora responsable do parque de bombeiros, Cesáreo Rei Noya.

DENUNCIA DE SABOTAXE

Ademais, os promotores da iniciativa denunciaron que tiveron que pechar o formulario a fin de semana despois de que alguén “saboteara” esta recollida de firmas. Así, aseguraron que, desde o venres, recibiron “miles de firmas falsas que se mesturaron coas de persoas reais”. Ante a situación, os impulsores decidiron pechar o formulario e, para evitar erros, suprimir todas as firmas recollidas desde que detectaron este feito.

APOIO AO LABOR DOS CONCELLEIROS

O texto mostra o seu rexeitamento á decisión adoptada polo PSOE de expulsar ao catro concelleiros, pon en valor o seu traballo e denuncia o proceso de “proceso de deslexitimación” por parte da dirección local dos representantes “democraticamente elixidos”. A misiva está rubricada a título individual por cidadáns de distintos sectores da sociedade o académico, o cultural e o empresarial e sumou o apoio de persoas destacadas de distintos partidos políticos, como o propio PSdeG. Todo iso despois de que, tal e como sinalaron fontes consultadas por Europa Press, diferentes persoas trasladasen a súa vontade de sumarse ao manifesto en apoio dos catro edís que inicialmente impulsaron medio cento de persoas, entre as que figuraba o expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...