InicioMOV. SOCIAISCondutores do bus urbano de Santiago volven concentrarse á espera dun acordo

Condutores do bus urbano de Santiago volven concentrarse á espera dun acordo

Os traballadores seguirán adiante co paro do venres 21 en caso de non chegar a un pacto coa empresa esta semana

Publicado o

Xornal de Compostela

Condutores do autobús urbano de Santiago de Compostela volvéronse concentrar este martes –por cuarta vez en semana e media– en plena negociación dun cadro de persoal único para os traballadores das dúas compañías agrupadas na Unión Temporal de Empresas Tralusa, de modo que as reunións continuarán este mércores e este xoves. Tras as negociacións do xoves estaba previsto volver reunirse este luns, encontro que Monbus (a quen pertence a UTE) reprogramou “por motivos persoais”, segundo trasladou a presidenta do comité de empresa, Maica Doo, durante a concentración fronte á estación intermodal.

Este novo encontro terá lugar este mércores 19 na Coruña na Inspección Provincial de Traballo, que se suma ao xa pactado para o xoves. De non chegar a un acordo nesta segunda xunta, manterán o paro previsto para o venres 21. “Se non hai acordo durante esta semana, o venres facemos a folga”, insistiu Doo. A folga podería converterse en indefinida a partir do 1 de abril se para entón ambas as partes non alcanzan un acordo.

Tralusa e Aulusa, agrupadas na UTE pertencente a Monbus, buscan unificar o persoal para igualar as condicións de traballo de preto dun cento de condutores, dos que dependen 19 liñas de autobús urbano. Os traballadores presentaron unha proposta de cadro de persoal, sobre a que están a versar as conversacións. “En Aulusa fan o mesmo traballo que nós –os traballadores de Tralusa–, pero non teñen un cadro de traballo como o noso. Nós coñecemos con antelación o traballo que imos facer durante todo o ano e eles están para cubrir as nosas baixas e vacacións”, expuxo a responsable do comité de empresa.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...