InicioPOLÍTICALouzao descarta que a saída dos edís socialistas expulsados se faga efectiva...

Louzao descarta que a saída dos edís socialistas expulsados se faga efectiva no pleno de marzo

A portavoz do Goberno municipal de Santiago asegurou que no Concello aínda "non se recibiu comunicación oficial"

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do Goberno municipal de Santiago, Míriam Louzao, descartou que a saída do grupo socialista dos edís expulsados Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez, se vaia a facer efectiva no próximo pleno de marzo, xa que no Concello “non se recibiu comunicación oficial”. Así o confirmou Louzao tras a rolda de prensa ofrecida este luns para dar conta dos asuntos aprobados pola Xunta de Goberno local.

Segundo explicou, unha vez se reciba no Concello a comunicación oficial por parte do partido, o secretario daralle trámite de audiencia, que ten un prazo mínimo de 10 días hábiles. “Por tanto, a este pleno de marzo, é imposible que chegue”, asegurou. Descartou ademais que se vaia a celebrar un pleno extraordinario para o procedemento. Así mesmo, defendeu o traballo do goberno municipal fronte ás críticas vertidas este fin de semana por parte do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro, que aseguraba que o Executivo compostelán avanzaba “ao ralentí”.

Precisamente as accións aprobadas na Xunta de Goberno, dixo Louzao, “desmenten” o afirmado polo líder socialista. “Estamos a traballar con normalidade, adxudicando contratos, facendo obras e pondo cuestións en marcha”, insistiu. “Entendemos que o señor Besteiro ten que facer declaracións neste sentido e respectámolo. O partido socialista está na oposición, ten que facer declaracións nese sentido, e nós estamos no goberno, temos que seguir traballando por esta cidade”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...