InicioPOLÍTICAO PSOE expulsa de xeito definitivo aos catro edís mentres estes anuncian...

O PSOE expulsa de xeito definitivo aos catro edís mentres estes anuncian accións legais

Os concelleiros afirman que acudirán á xustiza para defender a súa "dignidade e integridade"

Publicado o

Xornal de Compostela

O PSOE vén de confirmar a expulsión definitiva do Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela dos edís Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez. A medida chega tras a resolución da Comisión Federal de Ética e Garantías, que ratificou as sancións impostas pola dirección do partido.

Segundo fontes consultadas, a expulsión de Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez fíxose firme despois de que non acudisen á convocatoria na que se debía designar a Gumersindo Guinarte como portavoz do grupo municipal, en substitución de Gonzalo Muíños. No caso deste último, tamén se confirmou a súa suspensión de militancia por “indisciplina reiterada”, derivada dun conflito coa agrupación local, dirixida por Aitor Bouza.

OS CONCELLEIROS ANUNCIAN ACCIÓNS LEGAIS

Nun comunicado, os edís expulsados reafirmaron a súa vinculación co socialismo, asegurando que “non hai resolución nin decisión de organización que poida cambiar iso”. Así mesmo, criticaron a existencia de “informacións falsas” sobre a súa situación e denunciaron que foron acusados de incumprir as normas internas do partido.

Por este motivo, anunciaron que levarán o caso ante a xustiza ordinaria, tanto pola vía civil como penal. Segundo afirman, buscan “defender a verdade e a súa integridade”, e evitar que “se decida de forma arbitraria quen pode ou non ser socialista en función de preferencias persoais”.
CRÍTICAS Á URXENCIA DO PROCESO

Os concelleiros tamén expresaron o seu malestar polo que consideran unha tramitación acelerada da súa expulsión. Destacaron que a ratificación se realizou cun procedemento extraordinario no que só participaron dous membros da Comisión Federal de Ética e Garantías.

Neste sentido, criticaron que “non se aprecia a mesma urxencia” noutros expedientes internos do partido en Galicia e no resto de España, especialmente en casos relacionados con mocións de censura ou presuntos episodios de corrupción.

Por último, os edís reiteraron o seu compromiso con Santiago e aseguraron que seguirán desempeñando as súas funcións ata 2027, en cumprimento do mandato recibido dos seus votantes. Tamén destacaron o apoio de máis de 800 persoas, que subscribiron unha carta en defensa da súa continuidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...