InicioSUCESOSMorre unha persoa en Ames tras chocar o seu vehículo cun camión

Morre unha persoa en Ames tras chocar o seu vehículo cun camión

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha persoa faleceu este xoves tras chocar o vehículo no que viaxaba cun camión no municipio coruñés de Ames. O falecido era o único ocupante do vehículo. Segundo informou o 112, o servizo recibiu o aviso ao redor das 20.15 horas. Tal e como indicaban os alertantes, un coche e un camión chocaran no quilómetro 2 da AC-544, co condutor do turismo sen poder saír tras o impacto.

O 112 deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Brión, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames. Tras a chegada dos servizos de emerxencias, estes confirmaron que o condutor de coche perdera a vida, sen que nada se puidese facer por evitalo.

Ademais, os membros do GES de Brión indicaron que sería necesario o uso do material de excarceración para liberar ao falecido.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Un operario resulta ferido tras caer dunha estada en Vista Alegre e é trasladado ao hospital

Un operario resultou ferido este martes pola mañá tras sufrir unha caída dende unha...

O BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción de vivenda pública

O Bloque Nacionalista Galego de Ames defenderá no pleno ordinario de abril unha iniciativa...

Tres feridos tras unha colisión entre dous coches xunto ao CHUS

Tres persoas precisaron asistencia sanitaria tras verse implicadas nunha colisión entre dous vehículos na...