InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago di que atendeu "de forma inmediata" as peticións...

O Concello de Santiago di que atendeu “de forma inmediata” as peticións veciñais para arranxar problemas de abastecemento

Publicado o

Xornal de Compostela
O Concello de Santiago asegurou que atendeu “de forma inmediata” as peticións veciñais para solventar os problemas de abastecemento na rúa da Mina, en Amio.  O pasado martes 11 de marzo rexistrouse unha rotura da tubaxe de fibrocemento nesta zona que, segundo fontes do concello, “foi atendida de forma inmediata por Viaqua, como así recoñeceron os veciños e veciñas que estiveron alí”.
Tras os problemas na subministración de auga, a veciñanza solicitou falar co concelleiro responsable de Servizos, Xesús Domínguez, “que atendeu de form inmediata a petición e se desprazou ata o punto da rotura da tubaxe para manter un encontro coa veciñanza”, indican fontes municipais a Xornal de Compostela.
O goberno de Goretti Sanmartín responde así as críticas das concelleiras do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero e Nerea Barcia, que criticaron o abandono destes veciño eurxiron a buscar unha solución.

As concelleiras do PP compostelán subliñaron que a problemática non é nova e que os veciños xa advertiran desta situación no mes de setembro de 2024. Nerea Barcia sinalou que nunha única semana a mesma tubaxe rompeu ata tres veces, e lamentou que a única resposta do goberno local sexa pedir “paciencia” á veciñanza, xa que a actuación non está contemplada nos orzamentos municipais.”Estamos a falar dun servizo de primeira necesidade”, afirmou Yolanda Otero, quen advertiu do malestar crecente da veciñanza pola falta de solucións a un problema que afecta a un ben básico como a auga.

Desde o concello sinalan que a meirande parte das avarías que se producen na rede de abastecemento rexístranse fundamentalmente en tubaxes compostas por dous materiais, fibrocemento ou polietileno de baixa densidade. En Santiago de Compostela hai un total de 69,04km de tubaxes de fibrocemento, dos cales 32,14km se corresponden coa rede de distribución e 36,90 km coa rede de transporte, producíndose a maior parte das avarías na rede de distribución.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here