InicioPOLÍTICAO PP reclama solucións ante os continuos problemas na rede de abastecemento...

O PP reclama solucións ante os continuos problemas na rede de abastecemento en Amio

Os populares de Santiago denuncian que as avarías reiteradas deixan ás familias sen auga e esixen unha intervención urxente

Publicado o

Xornal de Compostela

Os veciños da rúa da Mira, en Amio, levan meses denunciando os problemas recorrentes coa rede de subministración de auga, que provoca roturas constantes das tubaxes, asolagamentos en vivendas e cortes de abastecemento. Ante esta situación, as concelleiras do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero e Nerea Barcia, reuníronse coa veciñanza para coñecer de primeira man as súas demandas e urxir ao goberno municipal a buscar unha solución.

Segundo explicaron os residentes da zona, as tubaxes rompen con frecuencia, o que obriga os técnicos municipais a realizar intervencións reiteradas sen que o problema se solucione de forma definitiva. Ademais dos cortes de subministración, denuncian que, en ocasións, a auga sae de cor marrón e con partículas que a fan inutilizable, o que obriga ás familias a mercar auga embotellada para cociñar e ducharse.

As principais persoas afectadas son menores e persoas maiores, que, segundo a veciñanza, sofren as maiores consecuencias destes problemas, que se estenden no tempo sen que haxa unha solución definitiva por parte do Concello.

As concelleiras do PP compostelán subliñaron que a problemática non é nova e que os veciños xa advertiran desta situación no mes de setembro de 2024. Nerea Barcia sinalou que nunha única semana a mesma tubaxe rompeu ata tres veces, e lamentou que a única resposta do goberno local sexa pedir “paciencia” á veciñanza, xa que a actuación non está contemplada nos orzamentos municipais.

“Estamos a falar dun servizo de primeira necesidade”, afirmou Yolanda Otero, quen advertiu do malestar crecente da veciñanza pola falta de solucións a un problema que afecta a un ben básico como a auga.

DEMANDAS DE SOLUCIÓNS URXENTES

As representantes do PP esixen ao goberno local que a renovación das tubaxes se inclúa de forma prioritaria nos investimentos municipais, xa que consideran que a situación “non pode seguir parcheándose indefinidamente”.

“Os veciños pagan os seus impostos como todos, pero seguen sen solucións”, declarou Nerea Barcia, quen acusou ao executivo municipal de “falta de xestión” e de “incumprir as promesas feitas durante as eleccións” respecto a esta mellora.

Por último, as edís populares instaron ao goberno local a dar unha resposta clara sobre a existencia dun proxecto de obra e os prazos previstos para a súa execución. Ademais, criticaron que, a día de hoxe, non se saiba cando se poderá resolver de forma definitiva esta problemática, o que fai prever que os problemas se manteñan durante todo o 2025.

ÚLTIMAS

Confirman a condena de dous anos para un fisioterapeuta de Santiago por abuso sexual

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Bouza anuncia que optará á reelección como secretario xeral do PSOE de Santiago

O actual secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, confirmou este xoves a través...

Álvaro Muñoz recolle o MVP Estrella Galicia como mellor xogador da tempada

O capitán do Monbus Obradoiro, Álvaro Muñoz, recolleu esta semana o premio MVP Estrella...

Un estudo do CiMUS demostra que metabolismo e reloxo biolóxico actúan como sistemas interdependentes

O grupo de investigación 'Gliatime', integrado no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular...

Bouza anuncia que optará á reelección como secretario xeral do PSOE de Santiago

O actual secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, confirmou este xoves a través...

Raxoi ve “arriscado” que a Xunta reforce o papel das empresas privadas que tramitan licencias urbanísticas

O concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás, considerou como "arriscado" que a Xunta...

Verea acusa co goberno local de bloquear o transporte urbano durante unha década

O voceiro do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cargou este martes contra a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here