InicioPOLÍTICAOs expulsados do PSdeG comezan a carburar no grupo dos Non Adscritos

Os expulsados do PSdeG comezan a carburar no grupo dos Non Adscritos

Anuncian unha "posición de cidade, lealdade institucional e cooperación".

Publicado o

Xornal de Compostela

As edís do Concello de Santiago Mercedes Rosón e Mila Castro esixiron este mércores “transparencia e axilidade” ao goberno local para sacar a licitación o servizo de centros socioculturais da cidade. Nunha rolda de prensa ofrecida no Pazo de Raxoi, as concelleiras explicaron que a empresa concesionaria dun dos catro lotes nos que se divide o servizo de centros socioculturais de todo o termo municipal anunciou que no mes de xaneiro abandonará o servizo, cando termine a prórroga concedida polo goberno local o pasado verán.

Unha situación que, segundo avisan, agrava os problemas que arrastra o servizo, que se remontan ao mes de novembro de 2024, cando os traballadores empezaron a sufrir atraso no pago das súas nóminas, e ante a que reclaman axilidade para a tramitación da nova licitación do servizo. A empresa en cuestión é Servisar, a responsable do servizo de animación sociocultural, o contrato máis grande e con maior número de persoas traballadoras — ao redor de 60–.

Na súa intervención, Mercedes Rosón explicou que aínda que hai diferentes informacións “non oficiais” que confirman que os pregos “xa estarían practicamente terminados”, “o executivo local aínda non deu resposta á pregunta escrita formulada polo Grupo Socialista no pleno do mes de xaneiro”.

Ademais, lembrou que, noutra sesión plenaria anterior, na do mes de decembro, os socialistas sacaron adiante unha moción pola que se reclamaba ao executivo de Sanmartín axilidade neste proceso, así como a manter absoluta transparencia durante o mesmo, realizando un informe periódico sobre os avances na redacción e licitación dos novos pregos.  Pola súa banda, Mila Castro destacou que a súa intención é seguir adoptando unha “posición de cidade, lealdade institucional e cooperación”, pero criticou a “falta de vontade de goberno local á hora de practicar a transparencia”.

Castro, que defendeu que a información “nunca sobra, senón que sempre é necesaria”, insistiu en que procesos “tan delicados como este”, do que dependen 60 traballadores vinculados á empresa que ameaza con abandonar o servizo “esixen información para reducir a incerteza”.

Ademais, anunciaron que rexistrarán unha nova solicitude de información para ter acceso a toda a documentación relativa á tramitación dos pregos unha vez conclúa o proceso de redacción.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...