InicioSOCIEDADEO conselleiro insiste na voluntariedade do E-Dixgal ante as críticas no CEIP...

O conselleiro insiste na voluntariedade do E-Dixgal ante as críticas no CEIP Lamas de Abade

As familias do CEIP Lamas de Abade colgaron pancartas nas inmediacións do centro e recolleron máis de 400 firmas para solicitar a retirada do libro dixital

Publicado o

Xornal de Compostela

conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asegurou este martes que a súa carteira está a traballar para “mellorar” o programa E-Dixgal e apunta que, en todo caso, traballar con el é unha opción “voluntaria” para os centros, en relación ás críticas recibidas polas familias do CEIP Lamas de Abade. “Estamos a facer unha evolución do programa E-Dixgal para melloralo e adecualo aos requerimentos actuais”, explicou Rodríguez tras ser preguntado en rolda de prensa polo asunto que concerne ao colexio compostelán e despois de que unha enquisa de Anpas Galegas sinalase tamén que unha maioría das familias rexeita esta iniciativa de libro dixital.

Respecto diso, o conselleiro lembrou que a mellora do E-Dixgal xa estaba contemplada no programa electoral co que os populares galegos concorreron ás eleccións autonómicas de febreiro do ano pasado. Para cumprir con este obxectivo, apunta que xa se reuniron coas federacións de AMPAs, cos directores dos centros e con expertos e técnicos para así “construír un sistema que sexa positivo para favorecer o proceso de aprendizaxe”. As familias do CEIP Lamas de Abade colgaron pancartas nas inmediacións do centro e recolleron máis de 400 firmas para solicitar a retirada do libro dixital. Ademais, unha sondaxe realizada no centro recolle que un 82,7 % das 133 persoas enquisadas non escollerían este modelo.

Nesta liña, Román Rodríguez insiste en que “os centros voluntariamente poden elixir E-Dixgal ou non porque é un sistema máis dentro da aprendizaxe”. Tamén aclarou que desde a consellería son “conscientes de que nos últimos anos houbo un certo debate sobre o uso da tecnoloxía no proceso de aprendizaxe”. Precisamente, as familias do citado centro pensan que o sistema “non é beneficioso para os nenos” polas amplas horas dedicadas ás pantallas.

LEI ESTATAL DE ALCOL EN MENORES

Por outra banda, no mesmo acto e preguntado polo exame aos titores dun menor de 16 anos que sofre unha intoxicación etílica –esixido por unha nova lei aprobada polo Goberno Central–, o conselleiro de Sanidade respondeu que non coñece a lexislación “na súa totalidade” e que non é “avogado, senón médico”. “Que vou opinar?”, repreguntou en ton sarcástico Antonio Gómez Caamaño despois de que se lle pedise a súa postura sobre este aspecto da norma en rolda de prensa. “Eu non son avogado, senón médico. Faime unha pregunta de medicina. É unha cuestión probablemente legal. Descoñezo en base a que se fará e se se pode facer ou non. Imaxino que se está aprobado pasaría un filtro xurídico”, engadiu. Con todo, si cre que os pais teñen “responsabilidade” sobre os seus fillos e iso “obrígalles a protexelos de todo tipo de adiccións.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here