InicioSOCIEDADEA USC aproba a súa planificación de persoal para 2025 e o...

A USC aproba a súa planificación de persoal para 2025 e o calendario académico do próximo curso

O curso 25-26 comezará o 8 de setembro e finalizará o 15 de maio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago aprobou este martes a súa planificación de persoal para 2025 e o calendario académico do próximo curso, na súa reunión en San Xerome. Así, en canto a planificación do profesorado, a proposta foi previamente negociada e acordada coa representación sindical na mesa de PDI, e informada favorablemente pola Comisión de Organización Académica e Profesorado.

Cunha previsión de 41 baixas de profesorado, a planificación de PDI apóiase no esforzo de contención do gasto corrente realizado nos últimos anos, que permite levar a cabo as actuacións previstas. Deste xeito, a proposta implica a creación dun mínimo de 34 prazas de axudante doutor, 5 de profesorado asociado, unha de profesorado permanente laboral, 10 de profesorado asociado de Ciencias de Saúde, e outras 7 de profesorado con vinculación asistencial.

No ámbito da estabilización do persoal en categorías con vinculación permanente, prevese a creación de 59 prazas para profesores que actualmente ocupan prazas na categoría de axudante doutor. Igualmente, está prevista a creación doutras 13 prazas para estabilización de persoal investigador Ramón e Cajal, e doutros programas homólogos. En canto á promoción, crearanse 57 prazas de profesorado titular e 48 de acceso a cátedra.

Por outra banda, en materia de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, o Consello aprobou a OEP para 2025, que recolle un total de 96 prazas, 47 delas de acceso libre. Ademais, acordouse modificar tres artigos do acordo sobre implantación da xornada de traballo de 35 horas e a flexibilidade horaria deste persoal, para mellorar a conciliación.

CALENDARIO ACADÉMICO

O Consello tamén aprobou o calendario acadécmico do curso 2025-26, no que as clases comezarán o 8 de setembro e terminarán o 15 de maio. Así mesmo, terán consideración de días non lectivos os períodos comprendidos entre o 20 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026, os días 16 e 17 de febreiro de 2026, e desde o 30 de marzo ao 3 de abril, ademais do mes de agosto. Segundo o calendario aprobado, o primeiro semestre irá desde o inicio de curso ata o 19 de decembro; e o segundo estenderase desde o 27 de xaneiro ao 15 de maio.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Santiago acolle o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade con chamamentos a reforzar o compromiso institucional

O Centro de Recursos e Servizos de Apoio Empresarial (CERSEA), en Santiago de Compostela,...