InicioMOV. SOCIAISVeterinarios claman en Santiago contra o Real Decreto que lles impide dispensar...

Veterinarios claman en Santiago contra o Real Decreto que lles impide dispensar medicamentos aos animais

Durante a marcha entoaron cánticos como 'Non é solidario o IVE veterinario' e portaron pancartas con lemas como 'Non podemos tratar aos animais cos medicamentos que necesitan' e 'Animais sanotes con menos papelotes'

Publicado o

Xornal de Compostela

Veterinarios galegos manifestáronse en Santiago para pedir a derrogación do Real Decreto que regula a distribución, prescrición, dispensación e uso de medicamentos veterinarios. A manifestación, baixo o lema ‘Saúde animal sen barreiras. Apoia ao teu veterinario’, arrincou da Alameda compostelá e finalizou na praza do Obradoiro.

Durante a marcha entoaron cánticos como ‘Non é solidario o IVE veterinario’ e portaron pancartas con lemas como ‘Non podemos tratar aos animais cos medicamentos que necesitan’ e ‘Animais sanotes con menos papelotes’. A norma establece a obrigación de rexistrar electronicamente todas as prescricións dos medicamentos mediante a plataforma Presvet (Sistema Informático Central de Control de Prescricións Veterinarias de Antibióticos)  para mellorar así a súa rastrexabilidade e combater a resistencia aos antimicrobianos.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O profesorado axudante doutor da USC denuncia o bloqueo das súas prazas de estabilización e esixe unha solución á Xunta

A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da USC denunciou este martes a situación de bloqueo...

O sindicato estudantil Fervenza celebra en Santiago a súa II Asemblea Nacional e fixa as súas próximas mobilizacións

O sindicato estudantil Fervenza celebrou este pasado sábado, 17 de outubro, a súa II...