InicioPOLÍTICAAs edís Mercedes Rosón e Mila Castro agradecen o apoio da cidadanía...

As edís Mercedes Rosón e Mila Castro agradecen o apoio da cidadanía despois da súa expulsión do PSOE

Nun comunicado remitido aos medios, os impulsores da carta en apoio aos edís destacaron que en menos de 24 horas asinaron o texto máis de 100 novas persoas, ata as 640

Publicado o

Xornal de Compostela

As concelleiras compostelás Mercedes Rosón e Mila Castro agradeceron este xoves o apoio da cidadanía tras coñecerse que o manifesto feito público a pasada semana para mostrar o respaldo ao catro edís expulsados do PSOE acumula xa máis de 600 firmas.

Nun comunicado remitido aos medios, Rosón mostrouse “agradecida e emocionada” polas mensaxes recibidas por “xente querida e respectada” por eles.

Ademais, puxo en valor a “valentía” dalgunhas persoas que “dan un paso á fronte” ao asinar ese escrito para “alzar a voz ante esta situación” que cualifican de “inxusta”.

A concelleira insistiu en que esta situación “non se pode xustificar en incumprimento de ningún tipo” e defende que “quen usa ese argumento, sabe que falta á verdade”.

Pola súa banda, Mila Castro agradeceu “aos centos de veciños e veciñas anónimos” que trasladaron o seu apoio aos edís ao “atreverse a pór o seu nome á beira” do deles. Neste sentido, sinalou que a resposta será “seguir traballando con lealdade, coherencia e responsabilidade”.

Precisamente, noutro comunicado remitido aos medios, os impulsores da carta en apoio aos edís destacaron que en menos de 24 horas asinaron o texto máis de 100 novas persoas, ata as 640.

Entre os novos apoios destacan o histórico socialista Francisco Cerviño González ‘Tuco Cerviño’, o exconcelleiro Andrés Fariña, a secretaria xeral do PSOE de Teo, Mayte Argibay Silva, así como o exsenador Miguel Bautista Carballo e o exalcalde de Cedeira, José L. Vergara Rey, entre outros.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...