InicioCULTURAO Grupo Histagra da USC elaborará para o Goberno un censo estatal...

O Grupo Histagra da USC elaborará para o Goberno un censo estatal de vítimas da guerra e a ditadura

Nun principio será para o período 1936-1939, cunha proposta de ampliación ata 1942

Publicado o

Xornal de Compostela

Grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela (USC), vinculado ao centro de investigación Cispac, será o encargado de elaborar para o Goberno de España o censo estatal de vítimas da Guerra Civil e a ditadura para o período 1936-1939 así como unha proposta metodolóxica para preliminar a ampliación temporal do censo ao período 1940-1942, ambos os espazos de tempo con maior número de vítimas mortais.

Nun comunicado, a USC explica que o encargo, que responde ao establecido no artigo 9 da Lei 20/2022, do 19 de outubro, de Memoria Democrática, materialízase no correspondente acordo de colaboración asinado polo reitor, Antonio López, e o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez López. Serán os profesores da USC Lorenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea, e Antonio Míguez Macho, decano da Facultade de Xeografía e Historia, quen coordinen o traballo desde o Grupo Histagra.

Para eles, este encargo “supón o recoñecemento a un esforzado traballo de décadas para arroxar luz sobre o período máis negro da Historia recente” co obxectivo de “reconstruír a memoria democrática”. Cun horizonte temporal de tres anos e un financiamento de case medio millón de euros, os traballos do proxecto centraranse na investigación sobre vítimas con resultado de morte, excluíndo aos combatentes.

Así mesmo, gravaranse os datos obtidos na ferramenta Dédalo, que constituirá a base de datos oficial do Censo de Vítimas da Guerra de España e a ditadura. Ademais da elaboración do censo, este proxecto contribuirá á apertura de novas liñas de investigación apoiadas documentalmente, o que fomenta un maior coñecemento da verdade respecto do ocorrido durante a Guerra de España e a posterior ditadura.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...