InicioSANTIAGOCentenares de traballadores de Correos protestan en Santiago na folga convocada por...

Centenares de traballadores de Correos protestan en Santiago na folga convocada por CGT

O sindicato afirma que a folga tivo "un 50" de seguimento entre o persoal convocado, especialmente na Coruña e Santiago, onde se chegou "ao 60%"

Publicado o

Xornal de Compostela

Centenares de traballadores de Correos manifestáronse na mañá deste mércores polas rúas de Santiago de Compostela durante a segunda xornada de folga convocada polo sindicato CGT en protesta polo acordo asinado por CC.OO., UGT e CSIF.

Segundo o sindicato convocante, a folga tivo un seguimento que alcanzou o 90% no centro de tratamento postal do Lavacolla, en Santiago, co que este mércores e mañá xoves “practicamente non haberá repartición en moitas vilas de Galicia”, como apunta nun comunicado.

En demanda da retirada do acordo subscrito polo tres sindicatos e a dirección da empresa pública, CGT reuniu a 300 traballadores na capital galega para reclamar un novo convenio que recolla incrementos salariais e outras melloras.

O sindicato afirma que a folga tivo “un 50” de seguimento entre o persoal convocado, especialmente na Coruña e Santiago, onde se chegou “ao 60%”.

CGT celebra como “rotundo éxito” o seguimento da folga e piden a dirección e sindicatos asinantes “que retiren inmediatamente o documento e apostar por un convenio que mellore significamente as condicións e traballo máis precarias que existen no sector público”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...