InicioSANTIAGOA USC descobre novas especies de babosas da familia Arionidae tras catro...

A USC descobre novas especies de babosas da familia Arionidae tras catro décadas de investigación

O estudo do grupo BiBiCI percorreu a península Ibérica e as illas Baleares desde 1980 ata 2018, recompilando máis de 5.000 especímenes

Publicado o

Xornal de Compostela

Un equipo de investigadores da USC concluíu un ambicioso proxecto científico centrado no estudo das babosas da familia Arionidae, que levou máis de catro décadas e permitiu ampliar o número de especies válidas desta familia de moluscos. O traballo, liderado polo grupo de investigación Biodiversidade, Bixeografía e Conservación Integrativa (BiBiCI), recolleu e estudou máis de 5.000 especímenes ao longo de toda a península Ibérica e as illas Baleares.

A investigación, recentemente publicada pola USC, contou coa participación de José Castillejo, Andrés Baselga, Olalla Lorenzo-Carballa, Javier Igrexas e Carola Gómez. Durante o extenso período de estudo, desde 1980 ata 2018, o equipo levou a cabo un minucioso traballo de mostraxe, recollendo babosas que foron fotografadas, anestesiadas e conservadas ‘in situ’ para posteriores análises.

O obxectivo principal da investigación foi analizar a morfoloxía externa das babosas en diferentes fases do seu desenvolvemento, así como estudar a anatomía do aparello xenital e as estruturas adxacentes destes moluscos. Tras completar o traballo de campo en 2015, os científicos centraron os seus esforzos na análise das relacións evolutivas das especies mediante o uso de marcadores xenéticos moleculares, un proceso clave para determinar as afinidades evolutivas e a diversidade xenética das babosas da familia Arionidae.

UNHA BIODIVERSIDADE ÚNICA NA PENÍNSULA IBÉRICA

A investigación destaca que as babosas Arionidae teñen a súa orixe na parte máis occidental de Europa, sendo a península Ibérica o territorio con maior diversidade de especies do xénero Arion, moitas delas endémicas. “Esta rexión alberga un tesouro de biodiversidade único en Europa, especialmente no referente a especies pouco estudadas como as babosas”, apuntan os investigadores.

O estudo non só contribúe a un mellor coñecemento da biodiversidade en Galicia e no conxunto da península, senón que tamén supón un paso adiante na conservación de especies autóctonas e no desenvolvemento de políticas ambientais baseadas en datos científicos sólidos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...