InicioPOLÍTICAO PP de Santiago propón bonificacións no aparcadoiro da Choupana para residentes

O PP de Santiago propón bonificacións no aparcadoiro da Choupana para residentes

Adrián Villa critica o Goberno local pola subida das tarifas e reclama medidas para paliar o impacto nos usuarios

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do PP de Santiago, Adrián Villa, reclamou ao Goberno local que poña en marcha bonificacións no aparcadoiro da Choupana para os residentes da capital galega, co obxectivo de mitigar o impacto do que considera un ‘sablazo indecente’ nas novas tarifas.

Durante unha rolda de prensa este luns, Villa acusou o executivo liderado pola alcaldesa Goretti Sanmartín de ‘incompetencia’ pola decisión de aplicar a subida do IPC ao aparcadoiro situado xunto ao Hospital Clínico, sen ofrecer alternativas ou medidas compensatorias para os usuarios. ‘Non se tomou ningunha decisión para paliar os novos prezos’, lamentou.

O edil popular lembrou que o seu partido, a través de Borja Verea, presentou no seu momento un proxecto de aparcadoiro para o Clínico que agora vai desenvolver a Xunta de Galicia, polo que considera que é o actual Goberno local, de signo nacionalista, o que debe ‘decidir se manter o sablazo ou aplicar unhas tarifas coherentes en consonancia cos demais hospitais de Galicia’.

Adrián Villa tamén criticou a xestión do executivo municipal respecto á municipalización dos aparcadoiros da Praza de Galicia e Praza de Vigo, asegurando que ‘non vai dar tempo a que en xuño pasen a ser de titularidade municipal’. O popular subliñou que iso provocará que a estadía de tres horas nestes aparcadoiros siga custando seis euros, fronte aos catro euros que custa no aparcadoiro municipal de Xoán XXIII.

‘Que se fixo nos últimos dous anos respecto deste asunto?’, cuestionou o concelleiro popular, ao tempo que reivindicou que foi o PP quen puxo sobre a mesa a municipalización destes aparcadoiros. O concelleiro insistiu na necesidade de que o Goberno local actúe con celeridade e eficiencia para evitar o prexuízo aos usuarios e veciños de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...