InicioPOLÍTICAO PSdeG de Santiago votará a favor dos orzamentos municipais tralo diálogo...

O PSdeG de Santiago votará a favor dos orzamentos municipais tralo diálogo co goberno local

O acordo inclúe compromisos en obras e actuacións para 2025 e a aprobación dun Plan de Drogodependencia

Publicado o

Xornal de Compostela

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Santiago, en coordinación cos concelleiros Marta Abal e Gumersindo Guinarte, decidiu apoiar a tramitación dos orzamentos municipais de 2025 despois das negociacións mantidas co goberno local.

A formación socialista explicou que a decisión foi tomada tras recibir toda a información requirida sobre o proxecto orzamentario, concretar o calendario de execución das obras e actuacións previstas para este ano e garantir a inclusión dun Plan de Drogodependencia transversal na cidade.

Segundo indicaron desde o partido, esta decisión reafirma o compromiso do PSdeG-PSOE coa veciñanza de Compostela, asegurando que seguirán traballando na defensa dos seus intereses. Ademais, anunciaron que mañá a concelleira Marta Abal realizará unha valoración detallada da postura socialista respecto aos Orzamentos Municipais de 2025.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...