InicioDEPORTESLuisito Campos asume o cargo de adestrador da SD Compostela ata final...

Luisito Campos asume o cargo de adestrador da SD Compostela ata final de tempada

O técnico de Teo regresa ao club co obxectivo de afastar o equipo dos postos baixos da clasificación

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sociedade Deportiva Compostela anunciou a incorporación de José Luis Míguez Iglesias ‘Luisito’ como novo adestrador do equipo ata o final da tempada. O técnico, natural de Teo (1966), asume o reto de mellorar o rendemento do conxunto branquiazul e afastalo das últimas posicións da clasificación.

Luisito conta cunha ampla experiencia no fútbol galego, tanto como xogador como adestrador. O novo técnico comezou a súa traxectoria deportiva na canteira do Compos, onde xogou entre os 12 e os 22 anos. Xa nos bancos, dirixiu equipos en Terceira e Segunda División B, pasando polo Cidade de Santiago, Racing Club de Ferrol, CD Ourense, Pontevedra CF (en dúas etapas), Deportivo Fabril e Arousa, club no que traballou ata agora.

Despois de asinar o seu contrato, Luisito será presentado mañá ante os medios de comunicación e o mércores dirixirá o seu primeiro adestramento co equipo. A súa estrea como adestrador do Compos producirase no partido deste domingo contra o Guijuelo.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

A SD Compostela celebra no Concello o seu ascenso á Segunda Federación

A SD Compostela foi recibida no Concello de Santiago tras conseguir o ascenso á...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here