InicioMOV. SOCIAISClientes afectados por estafas bancarias protestan ante Abanca en Santiago

Clientes afectados por estafas bancarias protestan ante Abanca en Santiago

Os denunciantes reclaman a devolución dos cartos roubados e critican a "inacción" da entidade

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de afectados por roubos en contas bancarias concentrouse este sábado ante unha oficina de Abanca en Santiago de Compostela para denunciar a falta de actuación da entidade ante os casos de estafa que, segundo sosteñen, se producen por fallos no sistema de seguridade da propia banca.

O portavoz da Plataforma de Afectados polas Estafas Bancarias, Eduardo Sebio, asegurou que nos últimos meses recibiron numerosas queixas de clientes que sufriron subtraccións de cartos das súas contas, algunhas delas por importes que alcanzan os 20.000 euros. Segundo o colectivo, a entidade nega sistematicamente todas as reclamacións e responsabiliza os propios usuarios do sucedido.

Os manifestantes sosteñen que a entidade financeira non dispón das medidas de seguridade necesarias para evitar que os estafadores suplanten a súa identidade e accedan aos datos bancarios dos clientes. Segundo explican, as fraudes prodúcense a través de chamadas ou mensaxes falsas que aparentan ser enviadas polo banco, enganando os usuarios para que faciliten información clave.

“Hai unha neglixencia grave por parte do banco, xa que non protexe os datos dos seus clientes nin ten unha seguridade adecuada”, afirmou Sebio. O portavoz engadiu que Abanca “aforrou cartos na banca presencial” ao pechar oficinas e reducir persoal, pero non investiu o suficiente en seguridade dixital.

RECLAMAN SOLUCIÓNS E ACCIÓNS LEGAIS

Os afectados esixen que Abanca asuma a responsabilidade polos casos de fraude e restitúa os cartos roubados. Tamén demandan que as administracións públicas tomen medidas para obrigar ás entidades financeiras a garantir a seguridade dos seus clientes.

“A banca dixital non pode supor unha desprotección para os usuarios. Non chega con mandar mensaxes dicindo que se desconfíe, teñen que garantir que exista seguridade real”, advertiu Sebio.

Ante a falta de resposta da entidade, os afectados anunciaron novas mobilizacións e avanzaron que seguirán presentando denuncias nos xulgados ata obter unha solución.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...