InicioMOV. SOCIAISSantiago acolle unha concentración para reclamar un "alto o fogo" en Palestina

Santiago acolle unha concentración para reclamar un “alto o fogo” en Palestina

A concentración, convocada por parlarguerra.es, pide unha paz xusta e o cumprimento das resolucións da ONU

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de persoas concentrouse este sábado na Praza Roxa de Santiago de Compostela para reclamar o alto ao lume definitivo en Palestina e esixir unha solución baseada na paz e na xustiza. A protesta foi organizada pola iniciativa parlarguerra.es e forma parte dunha serie de mobilizacións que se están a desenvolver en 60 localidades de todo o Estado.

Os manifestantes portaron unha pancarta coa mensaxe “Por unha Paz Xusta (Palestina Libre). Cesamento do fogo Definitivo. Nin Terrorismo, Nin Xenocidio”, incidindo na necesidade de deter a violencia e garantir o cumprimento das resolucións da ONU e da Unión Europea sobre o conflito.

A PRESIÓN INTERNACIONAL COMO CLAVE PARA O CESAMENTO DA VIOLENCIA

Os asistentes á concentración destacaron que o actual alto ao lume “é o resultado das presións e da mobilización internacional”, polo que insistiron en que “non se deben deter as protestas ata que se cumpra a legalidade internacional”.

“Non imos parar ata que as bombas paren”, afirmaron os convocantes, que insisten na importancia de manter a presión cidadá para lograr un cambio na situación no territorio palestino.

Esta mobilización súmase ás múltiples convocatorias que, nos últimos meses, tiveron lugar en distintas cidades galegas e españolas en apoio á poboación palestina.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...