InicioSANTIAGOModificacións no servizo de Renfe esta fin de semana polos traballos de...

Modificacións no servizo de Renfe esta fin de semana polos traballos de Adif na estación de Santiago

O corte de tensión, que se producirá por eses traballos, incompatible coa circulación de trens eléctricos, levará a cabo con modificacións nos últimos servizos ferroviarios do día 22 e os primeiros da mañá do día 23 xa que afectará á circulación dos trens por Santiago e os traxectos colaterais.

Publicado o

Xornal de Compostela

Renfe modifica, de forma puntual, este fin de semana o servizo nalgúns trens de Longa e Media Distancia polos traballos de Adif en Santiago para renovar a electrificación da estación.

Ante isto, Renfe, segundo explicou nun comunicado, garantirá a mobilidade dos viaxeiros cun plan alternativo de transporte, con traslados por estrada para algúns trens e a modificación puntual dalgúns servizos de longa e media distancia.

O corte de tensión, que se producirá por eses traballos, incompatible coa circulación de trens eléctricos, levará a cabo con modificacións nos últimos servizos ferroviarios do día 22 e os primeiros da mañá do día 23 xa que afectará á circulación dos trens por Santiago e os traxectos colaterais.

Nos servizos de Longa Distancia, os dous últimos trens do sábado 22 de febreiro realizarán transbordos a material híbrido para continuar a viaxe. Ademais, realizarán transbordos novamente en Ourense durante a mañá do domingo 23 de febreiro.

En concreto, o sábado realizarán transbordo en Ourense o Avlo Madrid Chamartín (17:08 horas)- Vigo Urzaiz (21:37 horas) e o Alvia Barcelona (9:05 horas)- A Coruña (22:24 horas).

O domingo, seraos os trens Avlo Vigo Urzaiz (5:59h)- Madrid Chamartín (10:34 horas) e o Alvia A Coruña (8:12 horas)- Barcelona (21:35 horas).

Pola súa banda, os servizos de Media Distancia e Avant, que se transbordarán por estrada serán, o día 23: MD A Coruña (6:35 horas)- Ferrol (7:53 horas) en todo o seu percorrido; MD Ferrol (8:40 horas)- A Coruña (9:56 horas) en todo o seu percorrido; MD A Coruña (7:05 horas)- Ourense (10:49 horas) entre A Coruña e Rábade; MD Monforte (7:30 horas)- A Coruña (10:13 horas) entre Rábade e A Coruña; Avant Ourense (7:50 horas)- A Coruña (10:05 horas), con parada en Santiago de Compostela ás 9:03 horas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...