InicioCULTURA(AXENDA) Os mellores plans para esta fin de semana en Santiago de...

(AXENDA) Os mellores plans para esta fin de semana en Santiago de Compostela

Santiago ofrece unha fin de semana chea de música, teatro e gastronomía con propostas para todos os públicos

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández
  • Festas e eventos

Santiago(é)Tapas 2025: Do 13 de febreiro ao 2 de marzo, Santiago de Compostela acolle a décimo sexta edición do concurso gastronómico Santiago(é)Tapas. Nesta ocasión, 42 establecementos ofrecerán un total de 68 tapas que destacan polos seus sabores tradicionais e innovación culinaria. O evento divídese en diferentes rutas inspiradas nos camiños de peregrinación e busca dinamizar a hostalaría local. As tapas terán prezos entre 2 e 4 euros e estarán dispoñibles en franxas horarias establecidas. Os asistentes poderán votar as súas favoritas mediante o “Tapasporte”, mentres que un xurado escollerá as mellores propostas en distintas categorías.

Cartaz do evento ‘Santiago (é)Tapas) – Santiagoetapas.gal
  • Música

VII Festival Rosalía: Do 21 ao 23 de febreiro Santiago de Compostela celebrará a sétima edición do Festival Rosalía, unha homenaxe á poeta galega con música, poesía e teatro. O sábado 22, a Praza de Mazarelos será o escenario central con actuacións como a de Uxía Lambona e a Banda Molona ás 12:30h. e o concerto de Caamaño & Ameixeiras ás 20:00h. O domingo 23, a sesión vermú contará coa música de Laura LaMontagne & PicoAmperio ás 13:30h., pechando o festival cunha emotiva actuación de Antía Muíño ás 19:00 h. Todas as actividades serán de acceso gratuíto.

Rosalía de Castro – Wikipedia.
  • Teatro e espectáculos

Ballet Clásico de Cuba presenta “O Lago dos Cisnes”: O venres 21 de febreiro ás 20:30 horas, o Auditorio Abanca de Santiago de Compostela acollerá a representación do emblemático ballet “O Lago dos Cisnes” a cargo do Ballet Clásico de Cuba, baixo a dirección de Laura Alonso, filla dos fundadores da compañía. As entradas están dispoñibles desde 27,50 euros en Ataquilla.com.

Cartaz do espectáculo – Paxinasgalegas.es
  • Infantil

Popeye. O Musical: O domingo 23 de febreiro, ás 18:00 horas, o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acollerá “Popeye. O Musical”, un espectáculo para público familiar que combina música, baile e teatro para narrar as aventuras do popular mariñeiro Popeye e os seus amigos. As entradas están dispoñibles desde 15 euros en entradas360.com.

Cartaz do musical – Cultura.gal

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here