InicioPOLÍTICABugallo rexeita a expulsión do PSOE dos 4 edís: "Unha fraude ao...

Bugallo rexeita a expulsión do PSOE dos 4 edís: “Unha fraude ao propio sistema democrático”

Publicado o

Xornal de Compostela

O exalcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo rexeitou a expulsión do Partido Socialista dos catro concelleiros de Santiago enfrontados coa dirección local e ao asegurar que supón “unha fraude ao propio sistema democrático”. “A decisión do PSOE de expulsar a Mercedes Rosón, Mila Castro, Marta Álvarez e Gonzalo Muíños é de moi difícil comprensión e aceptación pola cidadanía de Compostela“, afirmou o actual senador socialista nunha publicación no seu perfil da rede social ‘X’.

Bugallo asegura que os catro son persoas honestas, traballadoras, apreciadas e respectadas polas veciñas e veciños de Santiago pola súa dedicación de anos de servizos á cidadanía e ao propio partido socialista. “Este feito supón unha enorme frustración para os electores socialistas e, ademais dun enorme fracaso político e un novo motivo de desafección cara aos partidos, é unha fraude ao propio sistema democrático”, subliña.

Bugallo avisa de que “dentro de dous anos os cidadáns serán chamados de novo ás urnas, avaliarán o sucedido e moitas outras cousas”. “Podería ser o momento de pedir contas, pero xa será demasiado tarde e, sen dúbida, os responsables atoparán a quen botarlle a culpa”, afirmou.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...