InicioPOLÍTICAGonzalo Muíños, Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez, expulsados do PSOE,...

Gonzalo Muíños, Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez, expulsados do PSOE, irán á xustiza se o partido non atende as súas alegacións

Denunciaron que o único motivo de todo o conflito que estalou no pleno do pasado 24 de xuño é que un concelleiro presentase a súa dimisión para "facer sitio" ao secretario local, Aitor Bouza

Publicado o

Xornal de Compostela

Os catro concelleiros do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago expulsados do Partido Socialista avanzaron que manterán a acta o que resta de mandato e que acudirán á xustiza para defenderse se o partido non atende as súas alegacións. Así o avanzaron Gonzalo Muíños, Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez nunha rolda de prensa ofrecida este mércores no Pazo de Raxoi despois de que na xornada do martes se coñecese que a dirección federal do partido ratificou a súa expulsión da formación.

Na súa comparecencia, os catro edís subliñaron que en todo momento actuaron con lealdade e compromiso á cidade de Santiago e aos seus electores e denunciaron que o único motivo de todo o conflito que estalou no pleno do pasado 24 de xuño é que un concelleiro presentase a súa dimisión para “facer sitio” ao secretario local, Aitor Bouza. “Tentaron retirarnos do debate público con presións constantes para que algunha de nós entregase a acta desde o minuto un despois das eleccións”, manifestou Mila Castro.

Ademais, Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez deixaron claro que no seu proceder “non existiu ningún incumprimento de ningunha normativa nin resolución” tendo en conta que o único que fixeron foi non asistir a unha reunión para designar ao novo portavoz que consideraban “nula”, tendo en conta que o que consideran que aínda é portavoz do Grupo, Gonzalo Muíños, aínda non esgotara o prazo para defenderse e presentar as súas alegacións e a súa suspensión de militancia non era definitiva.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...