InicioSOCIEDADEOs efectos do consumo temperá da pornografía, a debate na Facultade de...

Os efectos do consumo temperá da pornografía, a debate na Facultade de Psicoloxía

Publicado o

Xornal de Compostela
Este xoves 20 comeza a sétima edición de Tempo da Psicoloxía, o ciclo de faladoiros que organizan o Colexio de Psicoloxía e a Facultade de Psicoloxía da USC e que ao longo de dous días abordará as consecuencias do consumo temperán á pornografía, fácil e masivamente accesible a través de internet, cunha palestra e unha conferencia.
O acceso temperán a unha pornografía de xeito masivo a través de internet é unha cuestión que preocupa polo seu impacto na infancia e na adolescencia. Psicólogos destacan que a falta dunha educación sexual e afectiva, xunto  con este consumo en idades moi temperás, impacta no seu desenvolvemento emocional, psicolóxico e social. “A distorsión da realidade sobre a sexualidade e as relacións, o risco de comportamentos sexuais problemáticos ou violentos, así como o impacto negativo na súa educación sexual, son algunhas das consecuencias deste consumo, que tentará abordar dende distintas ópticas a sétima edición de Tempo da Psicoloxía”, destaca nun comunicado.
O xoves 20 de febreiro terá lugar a palestra, moderada pola xornalista Marga Tojo. Nela participarán Cristina Sanjuán Vázquez, experta en protección da infancia e unha das autoras do informe (Des)información sexual: pornografía y adolescencia. Un análisis sobre el consumo de pornografía en adolescentes y su impacto en el desarrollo y las relaciones con iguales, publicado por Save The Children; Sandra Sanmartín Feijoo, doutora en Psicoloxía Social que en 2024 liderou un estudo na Universidade de Galway sobre a relación entre a pornografía e as actitudes cara ás agresións e a violencia entre adolescentes; e Inma Araújo López, psicóloga da Asociación Alborada e integrante do programa VINCO de intervención con menores con condutas sexuais abusivas e/o inadecuadas.
VIOLENCIA SEXUAL
Rematará o venres 21, cunha conferencia no marco do Día da Psicoloxía Académica, de Berta Aznar-Martínez, doutora en Psicoloxía da Educación e profesora da Universidade Ramón Llull, onde coordina o mestrado en prevención, detección e intervención da violencia sexual desde unha perspectiva interdisciplinar.
Estas xornadas están abertas a todo o público, son gratuítas e poden seguirse tanto de maneira presencial coma online. No caso da primeira opción, realizaranse na propia Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela: o acceso é libre e non se necesita inscrición previa; mentres que o streaming estará dispoñible en https://tempodapsicoloxia.gal/.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O xulgado inicia a execución da sentenza de Angrois e dá un mes a QBE para pagar as indemnizacións pendentes

O Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela puxo en marcha a execución da...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here