InicioSOCIEDADEA USC saca a licitación por case 24 millóns de euros as...

A USC saca a licitación por case 24 millóns de euros as obras da nova Facultade de Farmacia

O prazo de execución para a obra desta primeira fase é de 22 meses

Publicado o

Xornal de Compostela

Universidade de Santiago de Compostela (USC) sacou a licitación, cun orzamento de case 24 millóns de euros, a primeira fase da Cidade da Saúde, que incluirá aulas, laboratorios de prácticas, despachos, biblioteca e áreas de xestión da Facultade de Farmacia. “Este feito representa un importante paso adiante tras anos de loita incansable por parte do alumnado, do persoal investigador, do PDI e de toda a comunidade universitaria da Facultade de Farmacia da USC”, celebrou a Rede Galega de Estudantes de Farmacia (Regeifar).

Segundo adiantou a USC, poderanse presentar ofertas a esta licitación, cuxo orzo base é de 23.757.022,23 con IVE, ata as 14.00 horas do día 16 de abril de 2025 e a idea é iniciar as obras este mesmo ano. Ademais, esta primeira fase conta cun prazo de 22 meses para a súa execución total. En concreto, detallou que o obxectivo destas obras é “dispor de espazos adecuados para o modelo de docencia actual”, tanto teórica como práctica, e que considera necesarios para o bo funcionamento da Facultade de Farmacia, “garantindo que os estudos do centro se impartan nas mellores condicións posibles”.

UNHA DÉCADA SEN INFRAESTRUTURAS “ADECUADAS”

Neste contexto, Regeifar lembrou que tras o peche do pavillón de aulas no ano 2016, a Facultade de Farmacia leva case unha década sen unhas infraestruturas docentes “adecuadas”o que obrigou aos estudantes a recibir docencia en diferentes facultades do Campus Sur durante anos. Deste xeito, a nova facultade, enmarcada no proxecto da Cidade da Saúde que tamén albergará Enfermaría, será unha realidade despois de case unha década na que profesores e alumnos estiveron repartidos por diferentes edificios da universidade compostelá. “A licitación da primeira fase da Cidade da Saúde supón un motivo de satisfacción, xa que representa a culminación dunha demanda histórica que leva anos sendo esixida. Pero tamén é un momento para manter a cautela, o avance que celebramos debe materializarse sen máis atrasos e con garantías de cumprimento dos prazos establecidos”, reivindicou a Rede de Estudantes de Farmacia.

Nesta liña, lembrou que esta é a única titulación de Farmacia do Sistema Universitario Galego pero que, a pesar diso, o alumnado e o persoal “levan anos soportando condicións inaceptables”. Cabe destacar que a nova facultade contará cunha biblioteca, unha sala de estudo, 12 aulas con capacidade para acoller a 100 alumnos e outras nove para 50, catro aulas de informática, salas de conxeladores e 17 laboratorios de prácticas, entre outras. Con todo, a Xunta aprobou o pasado setembro unha transferencia de 12 millóns de euros á USC co obxectivo de que neste 2025 arrincasen as obras da nova facultade para que estea en funcionamento en 2027. Por iso, aprobou destinar doce millóns de euros para esta infraestrutura.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...