InicioCULTURAO Ateneo de Santiago analiza os avances no alzhéimer nunha conferencia con...

O Ateneo de Santiago analiza os avances no alzhéimer nunha conferencia con José María Prieto

O especialista en Neuroloxía do CHUS expoñerá os retos e progresos na prevención e tratamento da enfermidade nunha charla dentro do ciclo Os Luns do Ateneo

Publicado o

Xornal de Compostela

O próximo luns, 17 de febreiro, ás 19:30 horas, o Ateneo de Santiago acollerá unha nova sesión do seu ciclo de conferencias Os Luns do Ateneo, cunha charla dedicada aos avances no tratamento e investigación do alzhéimer. O encontro terá lugar na Rúa do Vilar, 19, e contará coa intervención do doutor José María Prieto, Xefe do Servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

A conferencia, titulada ‘Alzhéimer: é hora do cambio?’, centrarase nos progresos acadados na comprensión desta enfermidade neurodexenerativa, que afecta a milleiros de persoas en Galicia e que supón un reto crecente para os sistemas de saúde. O doutor Prieto analizará a evolución dos tratamentos existentes e abordará as perspectivas de futuro en materia de prevención, diagnóstico e abordaxe terapéutica.

A doenza, unha das máis comúns dentro do campo da neuroloxía, impacta tanto nos pacientes como nas sóas familias, converténdose nun problema de gran relevancia social. Por iso, a sesión busca difundir información actualizada e fomentar o debate sobre as estratexias necesarias para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.

O doutor Prieto González é unha das figuras máis recoñecidas no eido da neuroloxía en Galicia. Con formación na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e no National Hospital For Neurology and Neurosurgery de Londres, actualmente lidera diversas iniciativas de investigación no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). Ademais, preside a Sociedade Galega de Neuroloxía e o Consello Médico Asesor de Esclerose Múltiple España.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here