InicioMOV. SOCIAISCompostela por Palestina entrega máis de 1.500 firmas ao Goberno para esixir...

Compostela por Palestina entrega máis de 1.500 firmas ao Goberno para esixir unha solución negociada ao conflito

Publicado o

Xornal de Compostela

Representantes de Compostela por Palestina formalizaron a entrega de máis de 1.500 firmas dirixidas ao Goberno para esixir unha solución negociada ao conflito e “o fin do comercio de armas con Israel” por parte de España.

Foi cunha concentración previa ante a Delegación do Goberno en Galicia e con posterior entrega de firmas na Subdelegación, precisou Miguel Fernández, portavoz dun colectivo integrado por distintas entidades e asociacións que reclaman un “proceso de diálogo para garantir o fin da ocupación”.

“Constituímonos por mor da situación de guerra e iniciamos a recollida de firmas“, apuntou o seu portavoz, que insistiu que, entre as súas demandas, está que haxa corredores humanitarios para facilitar os recursos básicos á poboación pero tamén que se acometan outras actuacións.

Un alto ao fogo inmediato que agora é provisional e un proceso de paz xusto e garantista co pobo palestino, o cesamento do asedio a territorios palestinos e unha solución pacífica e negociada baseada no dereito internacional, con dereito de retorno dos palestinos”, explicou.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...