InicioSOCIEDADEDecenas de persoas reclaman fronte á sede da Xunta un sistema público...

Decenas de persoas reclaman fronte á sede da Xunta un sistema público de atención á dependencia e esixen un pacto político

Os manifestantes rexeitaron a "modificación unilateral" da Lei de servizos sociais e esixiron "unha mellor atención" ás persoas maiores e con dependencia

Publicado o

Xornal de Compostela

Decenas de persoas concentráronse este luns ante a sede da Xunta en Santiago para reclamar un sistema público de atención á dependencia e esixir a firma dun pacto político. Así, rexeitaron a “modificación unilateral” da Lei de servizos sociais e esixiron “unha mellor atención” ás persoas maiores e con dependencia. A protesta, convocada por Comisiones Obreras (CC.OO), o Colexio oficial de Traballo Social (COTS) e o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), comezou ás 11.00 horas fronte ao complexo administrativo de San Caetano e contou co apoio de diferentes representantes políticos.

En concreto, contou coa viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, a coordinadora nacional de Podemos Galicia, Isabel Faraldo, e a concelleira de Dereitos e Servizo Sociais no Concello de Compostela. Entre cánticos como ‘Máis recursos e menos anuncios’, ‘Aquí está, aquí se ve, o traballo social en pé’, ‘O público é servizo, o privado beneficio’ ou ‘Fabiola dimisión’, sindicatos, traballadoras sociais e usuarios denunciaron que a modificación, introducida a través da Lei de acompañamento dos orzamentos autonómicos, supón un “grave retroceso” porque “converte os servizos sociais nun trámite administrativo e favorece a privatización”.

ESIXEN UN PACTO POLÍTICO

Neste sentido, a presidenta do COTS, Miriam Rodríguez Sierra, explicou que o que reivindican con esta mobilización é que se modifiquen as estruturas de dependencia e “que se teña en conta aos profesionais”. Entre os cambios “máis polémicos”, incidiu na unificación das solicitudes de dependencia e de discapacidade, “eliminando así a valoración profesional”. Pola súa banda, a secretaria xeral de CC.OO. Galicia, Amelia Pérez, detallou en declaracións ante os medios que a Xunta asinou un plan de choque co Goberno central para “reforzar o sistema”, pero lamentou que o Executivo galego “recortou os fondos no canto de aumentalos”.

Así mesmo, Pérez afeou á Xunta que “culpe” ao persoal público dos “atrasos” no sistema e advertiu de que “é necesario crear emprego estrutural no canto de reforzos temporais”. Outra das cuestións que preocupa aos sindicatos é “a promoción de políticas de bonos en lugar de ampliar prazas públicas en residencias e centros de día”. Por todo o anterior, esixiron a “renovación inmediata” dos cambios aprobados en materia de dependencia, a firma dun pacto político en defensa do sistema público de servizos sociais, a convocatoria “urxente” do Consello Galego de Benestar Social, coa comparecencia da conselleira de Política Social, Fabiola García, o incremento do persoal de valoración de dependencia e discapacidade e a mellora dos recursos públicos “para garantir unha atención digna”.

VOCES POLÍTICAS

Pola súa banda, a nacionalista Olalla Rodil reclamou á Xunta que dote de recursos humanos suficientes, que duplique o persoal dos equipos de valoración e orientación da dependencia e que elabore “inmediatamente” un plan de ampliación dos servizos de atención á dependencia de residencias públicas, de centros de día, do servizo de axuda no fogar. “Levamos moito tempo denunciando a situación na que se atopan por falta de recursos e de persoal, especialmente nos equipos de valoración e orientación que atenta directamente contra os dereitos fundamentais das galegas e dos galegos dependentes”, esgrimiu Rodil ante os medios.

Do mesmo xeito, o líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou que a “única” resposta da Xunta a estes “atrasos inasumibles” na resolución de expedientes da dependencia, sexa “pór en risco a calidade na atención” a través dunha modificación lexislativa que permite que funcionarios sen titulación en Traballo Social “tramiten e informen as solicitudes”. Así, o responsable socialista sinalou que “defender os servizos sociais é defender os dereitos das persoas máis vulnerables” e trasladou o apoio dos socialistas galegos aos traballadores sociais que ven como a súa profesión está a ser menosprezada”.

Ademais, a coordinadora nacional de Podemos Galicia, Isabel Faraldo, advertiu de que “as modificacións en materia de atención á dependencia que Alfonso Rueda tenta camuflar na Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, que acompaña aos orzamentos da Xunta, supoñen un grave retroceso na calidade da atención ao eliminar o informe social”. Con todo, a concelleira de Servizos Sociais do Concello compostelán, María Rozas, denunciou o “desmantelamento” por parte da Xunta do sistema público de atención á dependencia e fixo fincapé en que o obxectivo trasladar este servizo ao ámbito familiar e ao ámbito privado.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...