InicioSOCIEDADESantiago incrementa a limpeza en Santa Marta e traballa para atallar os...

Santiago incrementa a limpeza en Santa Marta e traballa para atallar os efectos da venda de droga na zona

O goberno local considera "unha boa noticia" que Interior estea a estudar a subida de rango da comisaría compostelá de Policía Nacional

Publicado o

Xornal de Compostela

goberno local de Santiago incrementou nos últimos días a limpeza no barrio de Santa Marta para “garantir a seguridade” e que estea libre de elementos vinculados ao consumo de droga, como xiringas, que denunciaron a pasada semana os veciños. Ao mesmo tempo, está a traballar a nivel policial e social para tratar de paliar os efectos negativos que produce a venda de drogas neste barrio da cidade.

Así o dixo este luns, en declaracións aos medios, a portavoz do goberno local, Míriam Louzao, que afirmou que desde o concello “non se nega ningunha circunstancia”. “Santiago é unha cidade segura, pero, evidentemente, hai cuestións que hai que vixiar e cuestións que non son de agrado”, dixo Louzao, que lembrou que a semana pasada mantívose unha reunión con veciños para “tratar este tema”. “Estamos a traballar para paliar esta cuestión”, engadiu.

As actuacións, sinalou, están a realizarse no ámbito policial, en colaboración entre Policía Local e Nacional, así como “desde o ámbito social”, tanto da UMAD como dos Servizos Sociais. A maiores, explicou, trabállase “tamén no ámbito da limpeza”. “Xa demos orde para que haxa unha maior limpeza na zona para garantir que esa zona estea limpa de elementos que poidan significar inseguridade”.

UMAD XESTIONADA A NIVEL AUTONÓMICO

Entre os elementos necesarios para mellorar esta situación, Louzao referiuse ao funcionamento da UMAD, coincidindo coa estimación da Xunta de que a inicios de 2026 podería estar activa a nova UMAD, xestionada a nivel autonómico desde o Sergas. “Benvido sexa, porque tamén é unha demanda desde hai moito tempo”, dixo Louzao, apuntando que a prestación deste servizo “ten aos concellos asfixiados”. “É moi relevante, moi importante e, por tanto, xa vai sendo hora de que se atenda como cómpre, porque xa vemos despois as consecuencias tan graves que ten e, canto antes préstese ese servizo como cómpre, será unha boa noticia tamén”, apostilou.

COMISARÍA DE SANTIAGO

Noutra orde de cousas, a edila afirmou que é “unha boa noticia” que o Ministerio do Interior estea a estudar a posibilidade de subir de rango a comisaría de Policía Nacional de Santiago, o que implicaría máis efectivos, tal e como dixo nunha entrevista na Cadena Ser o ministro. “Todas as cuestións que sirvan para que Santiago teña un maior número de efectivos son boas noticias e, por tanto, así as valoramos”, dixo Miriam Louzao, que ve positivo e “moi necesario” que “haxa maior número de efectivos nas rúas”, aínda tendo en conta que “Santiago é unha cidade segura”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...