InicioPOLÍTICABorja Verea urxe desmantelar "o maior centro comercial de drogas de Santiago,...

Borja Verea urxe desmantelar “o maior centro comercial de drogas de Santiago, no barrio de Santa Marta”

O líder do PP de Santiago lamentou que "a alianza tripartita de CA, BNG e PSOE non recoñeza o problema" ao entender que implica que non sitúa entre as súas "prioridades" buscar "solucións"

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, urxiu este venres que “se desmantele o maior centro comercial de drogas de Santiago, que se atopa no barrio de Santa Marta”. Verea, que mantivo unha reunión con veciños desta zona, advertiu que se trata dunha cuestión de carácter “político” e “non só policial, como pretenden facer ver os nacionalistas”. Neste sentido, lamentou que “a alianza tripartita de CA, BNG e PSOE non recoñeza o problema” ao entender que implica que non sitúa entre as súas “prioridades” buscar “solucións”.

“No ano 2004 había en Santiago 175 policías locais, no ano 2024, hai 121. Evidentemente, estamos ante o mellor retrato da ineficacia baixo a que vive este goberno de tres, e as consecuencias estamos a lamentalas hoxe en día”, argumentou, antes de recalcar que se el fose rexedor priorizaría unha Policía Local “máis reforzada”. Tamén criticou que o goberno local “non apoie” á Policía “cando o necesita” e exemplificou con varias actuacións, antes de incidir en que o incremento da sensación de inseguridade é “unha realidade na cidade”.

O tamén deputado autonómico subliñou que os nacionalistas “apostan por seguir pechando os ollos”. “E nós dicimos que non poden seguir así ante este incremento de inseguridade. Que está a pasar en toda Europa? Si. Que está a pasar en toda España? Si. Que está a pasar en toda Galicia? Si. Que está a pasar en Santiago? Si. Pero haberá que tomar medidas e non estar a dicir que non hai un problema na nosa cidade”, advertiu.

VE “CLARA” A SOLUCIÓN EN SANTA MARTA

Para o popular, concretamente, en Santa Marta, está “clara” a solución, “e fai falta vontade política”, algo do que considera que “carece” o goberno que dirixe Goretti Sanmartín. Así, defendeu que é preciso “reforzar a presenza policial, a limpeza e a hixiene, pensando, sobre todo, nos nenos que ven cada día xiringas tiradas nos parques onde van xogar”. “E despois tampouco hai que enganar á xente, o problema non se vai a solucionar se non se desmantela o centro comercial de droga que existe alí en Santa Marta, no Banco do Pobre”, aseverou. “Tampouco podemos obviar o que sofren os usuarios do Clínico, cos consumidores, que dormen no aparcadoiro e pícanse na contorna, increpando aos enfermos e usuarios que chegan, cando non lles dan diñeiro”, resolveu.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Santiago acolle o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade con chamamentos a reforzar o compromiso institucional

O Centro de Recursos e Servizos de Apoio Empresarial (CERSEA), en Santiago de Compostela,...