InicioSOCIEDADEVeciños de Santiago, preocupados polo incremento de drogas, especialmente na avenida de...

Veciños de Santiago, preocupados polo incremento de drogas, especialmente na avenida de Barcelona e Santa Marta

A alcaldesa insiste en que a capital galega é unha cidade segura e afirma que haberá reforzos policiais "se fose necesario"

Publicado o

Xornal de Compostela

As asociacións de veciños Vedesma, Galeras, Reigame e Cidade Histórica Fonseca mostraron a súa preocupación polo incremento de venda e consumo de drogas en Santiago e manifestaron que ven o traballo policial “pouco efectivo”. Tras reunirse este mércores coa alcaldesa, Goretti Sanmartín, o edil Xan Duro e representantes da Policía Nacional e Local para analizar esta situación, aseguraron que unha vivenda do Banco do Pobre, onde afirman que se vende heroína, “causa gran alarma” na avenida de Barcelona e Santa Marta porque, segundo denuncian, “os toxicómanos pícanse na rúa, nos portais, o parque…”.

Para os veciños, o traballo policial resulta “pouco efectivo” porque “se limita á identificación dos toxicómanos e a operacións puntuais de aprehensión de cocaína”, mentres que os puntos de venda esténdense “aos poucos polos barrios e o consumo vai en aumento”. Por todo iso, as asociacións veciñais consideran que se non se incrementa o labor policial, a situación “non vai mellorar” e, por iso, demandan unha reunión urxente da xunta de seguridade do Concello. Ademais, as entidades recoñeceron que Santiago necesita un Plan de Prevención das Adiccións no que se impliquen o Sergas, o Concello, a comunidade educativa e a Igrexa.

PSOE PIDE XUNTA DE SEGURIDADE

Nesta liña, o Grupo Municipal Socialista tamén volveu demandar que se convoque a xunta local de seguridade para analizar esta situación. A esta solicitude, suma agora a proposta de celebrar un encontro público con equipos profesionais dos corpos e forzas de seguridade para “facer didáctica” e que sexan os axentes os que expliquen á cidadanía “como proceder e como deben denunciar este tipo de situacións para conseguir atallar a orixe do problema”. O portavoz socialista, Gonzalo Muíños, tras reunirse cos veciños, insistiu en que o reforzo da presenza policial na zona de Santa Marta é “fundamental”, pero tamén recoñeceu a necesidade de abordar “a orixe do problema”.

“CIDADE SEGURA”

Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago insistiu este xoves en que a capital galega é unha cidade segura e afirmou que haberá reforzos policiais “se fose necesario”. A preguntas dos medios, a rexedora subliñou que tras a reunión mantida este mércores con Policía Nacional e Local, así como con representantes de asociacións veciñais, os asistentes “estaban contentos dos resultados”, tanto por “os compromisos adquiridos” como pola “explicación de intervencións policiais que foron efectivas”. Así, detallou que se informou da cantidade de intervencións policiais “que deron os seus froitos” e acordouse manter reunións nas que participasen servizos sociais, a UMAD e servizos policiais para facer “un deseño máis global”. En todo caso, reiterou que o aumento da drogodependencia “non é un tema exclusivamente de intervención policial, senón que hai que abordalo desde unha perspectiva máis global e integral”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...