InicioECONOMÍAProtesta ante a sede de Correos no Franco contra "o recorte de...

Protesta ante a sede de Correos no Franco contra “o recorte de servizos” e a “precarización laboral”

A protesta, segundo trasladou CIG-Correos, realízase en resposta ás medidas contempladas no decreto ónmibus que non recibiu luz verde na Cámara baixa

Publicado o

Xornal de Compostela

CIG-Correos organizou este mércores unha concentración ante a sede da área noroeste de Correos en Santiago (situada na compostelá Rúa do Franco) en defensa dun servizo postal universal “prestado desde o público e unhas condicións laborais e retributivas dignas”. A protesta, segundo trasladou, realízase en resposta ás medidas contempladas no decreto ónmibus que non recibiu luz verde na Cámara baixa e que supoñen, considera, “un recorte de servizos á cidadanía e unha precarización das condicións de traballo do persoal de Correos”. Aínda que este real decreto non foi convalidado, a CIG-Correos non dubida que a parte referida á ampliación do Servizo Postal Universal volverá en breve ao Congreso, “coa mesma redacción, para a súa aprobación definitiva”.

O secretario de Organización deste sector na CIG, Anxo Álvarez, explicou que, a diferenza do ano 2010, cando a empresa Correos foi designada polo Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero como fornecedora do Servizo Postal Universal (SPU) a través dun contrato programa de 15 anos (2010-2025), neste real decreto “só se reflicte unha ampliación de cinco anos, ata 2030”. “Desde a CIG preguntámonos con preocupación o porqué deste prazo tan curto, tendo en conta, ademais, que o real decreto condiciona a Correos á aprobación dun plan de persoas que suporá unha serie de recortes en persoal e unha desregulación funcional, laboral e retributiva dos traballadores e traballadoras”, advirte.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...