InicioSANTIAGOO PSOE de Santiago pide un maior control sobre a "presenza de...

O PSOE de Santiago pide un maior control sobre a “presenza de xiringas” na Choupana

Os socialistas locais piden ao Goberno local a establecer un maior control á concesionaria de limpeza viaria

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do PSOE de Santiago Mila Castro instou ao Goberno local a establecer un maior control á concesionaria de limpeza viaria para “evitar a presenza de xiringas” en zonas do barrio de Santa Marta.

Nunha nota de prensa, a edil explicou que o novo contrato de limpeza viaria e recollida de residuos urbanos inclúe “a obrigación da empresa a recoller xiringas e agullas hipodérmicas que se atopen en espazos públicos” de maneira “inmediata”.

Segundo Mila Castro, o prego tamén inclúe que a empresa “debe efectuar unha revisión diaria dos puntos con presenza habitual deste tipo de residuos no termo municipal e está obrigada a recollelos e a xestionalos”.

Nesta liña, demandou ao Executivo local que active “os mecanismos necesarios” para que a empresa responsable do servizo “incremente a súa presenza e control na zona para evitar riscos de nenas e nenos que se poidan magoar con esas xiringas” que, segundo destacou, “están a aparecer de maneira reiterada”.

Algúns destes residuos, apuntou, chegaron a atoparse dentro do propio parque infantil situado á beira do Centro Sociocultural.

“De novo, propomos solucións e instamos o Goberno local a actuar”, insistiu Castro, que tamén reiterou a demanda dunha convocatoria da xunta local de seguridade para “atallar de maneira conxunta” coa Subdelegación unha situación que, engadiu, xera “inquietude” entre os veciños do barrio.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...