InicioECONOMÍAO Concello pide á Xunta que "deixe de enredar" e que elimine...

O Concello pide á Xunta que “deixe de enredar” e que elimine do rexistro ás VUT que non teñen título habilitante

A concelleira de Turismo insiste en que a normativa autonómica xa esixe a autorización municipal para figurar no rexistro oficial

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Turismo e portavoz do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, reclamou este luns á Xunta de Galicia que exclúa do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) as Vivendas de Uso Turístico (VUT) que non conten cun título habilitante municipal, requisito establecido pola propia normativa autonómica.

“Non pedimos nada que non estea no seu decreto”, afirmou Louzao, que instou á administración galega a tomar medidas sobre a situación destas vivendas en Santiago. A edil acusou á Xunta de “enredar” con este asunto, xa que considera que non se está aplicando a normativa vixente de maneira efectiva.

Segundo explicou, o Concello si remite individualmente as solicitudes á Xunta, aínda que indicou que non é unha obriga municipal, xa que o rexistro pertence á administración autonómica e debe ser esta a que controle o cumprimento dos requisitos.

“Pola mañá pídennos que deamos seguridade xurídica a estas vivendas e pola tarde recoñecen que o REAT non serve para nada”, sinalou Louzao. A concelleira reiterou que o propio decreto autonómico establece que para inscribir unha vivenda no rexistro debe contar con autorización municipal, polo que a Xunta, segundo indicou, debería retirar as que non cumpren esta condición.

UNHA CHAMADA Á ACCIÓN Á XUNTA DE GALICIA

Desde o Concello compostelán insisten en que a presenza de vivendas turísticas sen título municipal no REAT non debería producirse, xa que a normativa autonómica esixe esta autorización previa. “Non ter título habilitante municipal xa non permíteche estar nesa listaxe, así que deben tomar as medidas que consideren adecuadas”, apuntou Louzao.

A concelleira de Turismo subliñou a importancia do cumprimento da normativa para garantir a seguridade xurídica no sector turístico e advertiu que este problema afecta de forma directa á regulación do mercado de vivenda en Santiago de Compostela.

Con esta petición, o Goberno municipal busca que a Xunta axilice a depuración do rexistro e evite a permanencia de vivendas que non cumpren os requisitos esixidos, nun contexto no que a proliferación de VUT en Santiago xerou debate sobre a súa regulación e impacto na cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...