InicioPOLÍTICAO PP de Santiago analiza a política de Trump nun foro de...

O PP de Santiago analiza a política de Trump nun foro de debate

O coloquio reuniu máis de cen asistentes na sede local e abordou os efectos da nova presidencia estadounidense en Europa e España

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago acolleu esta pasada semana unha nova sesión do Espazo Cultural CompArte, un foro de reflexión política inaugurado en outubro do pasado ano. Nesta ocasión, o coloquio abordou o impacto que terá a recente chegada de Donald Trump á presidencia dos Estados Unidos, centrándose nos retos e oportunidades que supón para Europa e España.

O encontro, que reuniu máis de cen asistentes na sede do PP compostelán, contou coa participación do líder do partido na cidade, Borja Verea, quen destacou a importancia de analizar os cambios políticos internacionais: “Estamos ante un fito histórico que plantexa retos, oportunidades ou ameazas. Ábrese unha etapa difícil, pero tamén un tempo de decisións”, sinalou.

Durante a súa intervención, Verea tamén reflexionou sobre o impacto da nova política exterior dos Estados Unidos en conflitos como os de Gaza e Ucraína, así como o interese estratéxico do país norteamericano en Groenlandia. “Non é un tema novo, xa hai 150 anos EE.UU intentou adquirila despois de comprar Alaska”, recordou. Neste sentido, destacou que Europa ten ante si a disxuntiva de reforzar a súa presenza no escenario internacional ou asumir un papel secundario.

A mesa redonda estivo composta polo coronel de intendencia da Armada, Santiago Avánzana González-Llanos, o profesor de Ciencia Política da USC, Miguel Anxo Bastos, e o xornalista e exdirector da edición española do The Washington Post, Alberto Avendaño. A sesión foi moderada por María Méndez, presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia (APG).

No coloquio abordáronse cuestións como o papel das tropas estadounidenses en conflitos internacionais, a relación de España coa OTAN e as estratexias económicas e comerciais de Trump.

O coronel Avánzana destacou que a presenza militar estadounidense en España non é tan relevante como se adoita crer e sinalou que o país xa contribúe máis á OTAN do que o presidente estadounidense afirma. Tamén apuntou que ve difícil que Europa e España poidan asumir os requirimentos económicos esixidos por Trump.

Pola súa banda, Alberto Avendaño, cunha ampla traxectoria como xornalista nos Estados Unidos, compartiu a súa experiencia cubrindo a política americana. Considerou que Trump é un líder con escasa empatía e que non inspira confianza nin como personaxe nin polo equipo que o rodea.

Por último, Miguel Anxo Bastos explicou que Trump utiliza os aranceis como ferramenta de presión máis que como medida económica e que, a pesar de coñecer os efectos negativos que poden ter para a economía estadounidense, continúa a empregar este mecanismo como parte da súa estratexia política.

O líder do PP en Santiago, Borja Verea, destacou a boa acollida que está a ter o Espazo Cultural CompArte, sinalando que “cada vez son máis os veciños e veciñas que se achegan á sede local para participar nestes encontros” e que este tipo de iniciativas permiten que o partido funcione como “un laboratorio de ideas conectado coa sociedade”.

O foro continuará organizando novas sesións sobre temas de actualidade política, con expertos de diferentes ámbitos, coa intención de consolidarse como un punto de encontro para a reflexión e o debate na cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here