InicioCULTURAUn concerto de Leria e A banda da Loba para reclamar "a...

Un concerto de Leria e A banda da Loba para reclamar “a lingua que nos une”

A Asociación de Medios en Galego, na que está integrado o Xornal de Compostela, reivindica con este concerto a importancia que teñen os medios en galego

Publicado o

Xornal de Compostela
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

A función social dos medios de comunicación. Ese é o tema no que este ano se centrará o Día dos Medios en Galego que celebra a Asociación de Medios en Galego (Amega). De aí o lema ‘A Lingua que nos une’. “Porque máis alá da nosa labor informativa, somos axentes de cohesión, xeradores de debate, de espazos de liberdade, e fiscalizadores do poder. Somos a garantía de que todas as voces sexan escoitadas, de que todas as inxustizas sexan denunciadas, de que ningún recuncho da nosa terra quede á marxe da información”, sinalou o presidente Pablo García Fernández.

Presentación do Día dos Medios en Galego 2025 con Leria e A Banda da Loba

Presentación do Día dos Medios en Galego 2025 con Leria e A Banda da Loba | Fonte: Amega

García Fernández e e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García presentaron este xoves en rolda de prensa as diferentes actividades que organizou a entidade para celebrar o Día dos Medios en Galego o vindeiro 7 de febreiro. Este día coincide coa saída da primeira publicación monolingüe en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876.

Como principal acto desta celebración, o mítico Playa Club da Coruña acollerá o propio 7 de febreiro desde as 21:30 h un concerto de Leria e A banda da Loba, dous grupos que conxugan os valores e a esencia deste Día dos Medios en Galego 2025. As entradas (7€) están á venda en entradium.com (https://entradium.com/events/a-banda-da-loba-leria)

O secretario xeral de Política Lingüística destacou que este evento, ademais de xuntar a medios galegos, tamén reúne “outra parte moi importante da comunicación como son os receptores e receptoras”. Valentín García subliñou o feito de que hoxe en día haxa máis de 140 medios que empreguen o galego, “unha cifra que fai anos nos parecería incrible e que nos obriga aos que temos responsabilidades públicas a seguir apoiando e a traballar na liña de que cada día sexamos máis”.

Pola súa parte, tanto Andrea Porto, de A banda da Loba, como Helena Barreiro e Andrea López, integrantes de Leria, amosáronse moi agradecidas por contar con elas para este concerto. “Parécenos moi importante que se fagan este tipo de actividades porque é certo que fai falla darlle máis visibilidade á nosa lingua”, afirmaron.

MEDIDAS PARA O GALEGO

O presidente da AMEGA asegurou que o  Día dos Medios en Galego é unha xornada que vai moito máis alá dunha simple conmemoración. “É unha reivindicación do papel fundamental que os medios de comunicación teñen no avance da nosa sociedade, no fortalecemento da nosa democracia e como garantes de dereitos e liberdade”. Pablo García incidiu, ademais, no importante labor que fan os medios en galego na preservación e promoción da nosa lingua e cultura: “Son eles os que nos permiten escoitar, ler e ver o mundo dende a nosa propia identidade, sen filtros alleos que distorcen a nosa realidade. Son a proba de que o galego non é só unha lingua do pasado, senón unha ferramenta de comunicación plena, válida e necesaria para o presente e para o futuro”.

Por iso outra das iniciativas que pon en marcha este ano AMEGA co motivo da celebración do Día dos Medios en Galego é a elaboración de 100 medidas para mellorar a situación do galego. A partir do 7 de febreiro estará habilitada a páxina web medidas.gal a través da que se convidará á cidadanía a facer as súas aportacións.

LERIA E A BANDA DA LOBA

Leria é un grupo indie en galego. Comezaron tocando na rúa, concretamente na Marina coruñesa, e en pouco tempo toda a cidade falaba delas. Despois dun primeiro bolo histórico na sala Mardi Gras, Mayra Vila (voz e guitarra), Helena Barreiro (batería e coros), Itzi de Blas (baixo e coros) e Andrea López (teclas e coros) xiraron por toda Galicia.

A banda da Loba, un grupo que musicaliza ás nosas mellores poetas e tamén sentimentos. Acaban de publicar e presentar o seu  cuarto álbum ‘Lovismo’. Na actualidade, ABDL está integrada por Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Marcela Porto (percusión), Xiana Lastra (voz) e , Iria de Cabo (guitarra).

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Santiago presenta unha nova edición da Festa da Uña con 27 restaurantes participantes e actividades gastronómicas en San Lázaro

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou este luns unha nova edición...

O Concello abre o prazo para presentar obras ao Premio Xohana Torres 2026 ata o 30 de decembro

O Concello de Santiago abrirá este luns 9 de marzo o prazo para presentar candidaturas...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here