InicioSOCIEDADEVítimas de Angrois impugnan os recursos contra a sentenza: "Ningún viaxeiro podían...

Vítimas de Angrois impugnan os recursos contra a sentenza: “Ningún viaxeiro podían prever que a velocidade dependese só dun humano”

A plataforma de vítimas do accidente presentou un escrito ante o xulgado co que se opón e impugna os recursos de apelación contra a sentenza do caso formalizados por Fiscalía, Adif, o ex director de seguridade de Adif condenado, o maquinista --tamén condenado-- e as dúas aseguradoras (Allianz e QBE).

Publicado o

Xornal de Compostela

plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido no barrio de Angrois (Santiago) en xullo de 2013 presentou un escrito ante o xulgado co que se opón e impugna os recursos de apelación contra a sentenza do caso formalizados por Fiscalía, Adif, o ex director de seguridade de Adif condenado, o maquinista –tamén condenado– e as dúas aseguradoras (Allianz e QBE). Tras un agradecemento ao labor da xuíza, no escrito, ao que tivo acceso Europa Press, a plataforma refírese en primeiro lugar ao recurso do fiscal, cuxa posición rexistrou cambios ao longo da instrución e o xuízo por un sinistro que ocasionou 80 mortos e deixou a máis dun centenar de persoas feridas. Así, a plataforma de vítimas móstrase crítica co recurso co que o Ministerio Fiscal pretende que sexa retirada a condena ao ex alto cargo de Adif.

“Afirma o recorrente (o fiscal) que para o Sr. Cortabitarte (Andrés Cortabitarte, o ex xefe de seguridade de Adif condenado por imprudencia profesional grave) era ‘absolutamente imprevisible’ que un maquinista puidese actuar como o fixo o Sr. Garzón (Francisco Garzón). Cos debidos respectos, o que resulta ‘absolutamente imprevisible’ e que ningún viaxeiro podía prever ao tomar un tren de alta velocidade, é que a velocidade do vehículo dependa exclusivamente dun humano, e que a súa vida dependa de que ese humano estea perfectamente situado no espazo e free no punto en que debe frear, sen que exista absolutamente ningún sistema de seguridade que controle, nin ningún sinal que indique, esa necesidade de frear“, subliñan os avogados da plataforma.

Por iso, entenden que o recurso debe desestimarse, e “en esencia, porque a conduta do Señor Garzón (o maquinista) non é un feito alleo e imprevisible no momento da conduta do Sr. Cortabitarte”. Tamén se opón o escrito da representación da plataforma ao recurso de Adif, sobre o que advirte que “non existe ningún erro na valoración da proba, nin tampouco as omisións ou insuficiencias que alega o recorrente”. “Existía sen dúbida a obrigación de avaliar e controlar os riscos dunha nova liña ferroviaria”, sostén o texto. En terceiro lugar, impugna o recurso do propio Cortabitarte, ao incidir en que non existe, como o seu representante alega, “ningún erro na valoración da proba, nin vulneración do dereito á presunción de inocencia”.

O MAQUINISTA, “CONSCIENTE”

Un cuarto punto é o da oposición ao recurso de Allianz (aseguradora de Adif) e o quinto, ao do avogado do maquinista Francisco Garzón. Neste último, sinala a plataforma que “manter esta chamada de contido irrelevante durante un minuto e corenta segundos foi unha imprudencia grave por parte do acusado Sr. Garzón, en especial, se temos en conta que el era consciente do perigo da curva da Grandeira e era consciente de que o tren se ía aproximar a ela”. Por último, impugna tamén o recurso de QBE, aseguradora de Renfe.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here