InicioSANTIAGOA rexedora compostelá analiza con Xapón novas vías de cooperación económica e...

A rexedora compostelá analiza con Xapón novas vías de cooperación económica e cultural

Goretti Sanmartín reuniuse co embaixador Takahiro Nakamae para reforzar os lazos entre Santiago e o país nipón

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, recibiu este luns no Pazo de Raxoi ao embaixador de Xapón en España, Takahiro Nakamae, nun encontro destinado a analizar as oportunidades de cooperación entre a capital galega e o país nipón nos ámbitos económico, cultural e social. A reunión reforzou os lazos históricos entre ambas as comunidades, destacando o papel do Camiño de Santiago como un vínculo espiritual significativo.

Tras asinar no Libro de Honra do Concello, o embaixador destacou os “fortes vínculos” que unen a Xapón e Santiago, especialmente no ámbito espiritual grazas á relación co Camiño. Ademais, sinalou que existen outras áreas con “potencialidades para desenvolver vínculos económicos e sociais”, facendo fincapé en temas compartidos como o envellecemento da poboación, a concentración demográfica nas cidades ou as políticas de prevención ante desastres naturais.

Takahiro Nakamae tamén reivindicou a cooperación co sector pesqueiro, subliñando a importancia de desenvolver esta actividade de maneira sustentable. “Vemos moitas posibilidades para cooperar e continuar fortalecendo estas relacións”, afirmou.

O embaixador xaponés aproveitou para recordar a súa experiencia na cidade hai case 40 anos e compartiu a súa satisfacción polo recente concerto da pianista Mine Kawakami na Catedral de Santiago. Ademais, celebrou que o temporal que atravesa Galicia non provocase danos significativos na capital.

SANMARTÍN APOSTA POR FORTALECER OS LAZOS CON XAPÓN

Pola súa banda, Goretti Sanmartín subliñou as “relacións históricas” entre Santiago e Xapón e o interese mutuo pola cultura e a lingua de ambos os territorios. A rexedora destacou que existe “moita querenza pola cultura xaponesa” na cidade, así como un grande interese da poboación nipona en visitar Compostela.

A alcaldesa incidiu na posibilidade de desenvolver proxectos conxuntos que aborden cuestións como o envellecemento activo da poboación, o respecto ás persoas maiores e a cooperación no ámbito universitario. Neste contexto, mencionou o papel da Escola Oficial de Idiomas como unha ponte para achegar ambas as culturas.

Sanmartín tamén quixo recordar a figura de Megumi Shiozawa, quen fora unha destacada promotora das relacións entre Xapón e Santiago e que faleceu en 2020 durante a pandemia de coronavirus. A alcaldesa referiuse a Shiozawa como “unha embaixadora moi activa na cidade”, en sinal de recoñecemento ao seu legado.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...

Os Campamentos de Arnela reúnen este verán a máis de 230 menores no programa Cativos de Cáritas

Os Campamentos de Arnela, promovidos por Cáritas en Santiago de Compostela a través do...