InicioCULTURAMorre o escultor César Lombera, autor das esculturas das Dúas Marías e...

Morre o escultor César Lombera, autor das esculturas das Dúas Marías e Valle Inclán na Alameda

Tamén foi o autor doutras obras destacadas en Vilagarcía de Arousa: 'O adeus', 'Cola de peixe', 'Fonte Ameixeira' e 'Arcos, petróglifos'.

Publicado o

Xornal de Compostela

A localidade pontevedresa de Catoira despide ao escultor César Lombera (Barakaldo, 1953), autor das estatuas das ‘Dúas Marías’ e de Valle-Inclán na Alameda de Santiago, entre outras, e que faleceu este domingo aos 72 anos de idade. Ademais, Lombera, que se desprazou a Galicia con 10 anos, é creador doutras esculturas significativas por toda a Comunidade, como ‘O Carrabouxo’, en Ourense, o Monumento a Valle-Inclán e ao ‘Faladoiro’, en Pontevedra, e o Monumento a Alfredo Brañas, en Carballo.

Tamén foi o autor doutras obras destacadas en Vilagarcía de Arousa: ‘O adeus’, ‘Cola de peixe’, ‘Fonte Ameixeira’ e ‘Arcos, petróglifos’. En redes sociais, o consistorio local tamén subliñou que forman parte da súa obra as intervencións artísticas no chan da popular rúa da Baldosa. O Concello de Santiago lamentou “profundamente” a morte do escultor que deixou pegada na capital galega e mandou un “forte abrazo á súa familia e amizades”.

Así mesmo, o Concello de Carballo trasladou en redes sociais o seu pesar polo falecemento de Lombera, autor da escultura de Alfredo Brañas situada na rúa Coruña. “Lembrarémolo moi especialmente no 125º aniversario do autor de ‘O Rexionalismo'”, sinala. Establecido en Catoira, onde tiña o seu estudo, tamén foi edil de Cultura. Os seus restos mortais serán velados este luns no tanatorio da localidade pontevedresa e o martes terá lugar a súa incineración nun acto privado e familiar.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...