InicioPOLÍTICAGoretti despois da expulsión dos catro edís socialistas: "Non hai nada que...

Goretti despois da expulsión dos catro edís socialistas: “Non hai nada que poña en risco a gobernabilidade”

Lara Méndez destaca a necesidade de "actuar" contra os edís de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, afirmou que o Executivo local traballa “con toda a seriedade e con toda a responsabilidade” para os veciños da capital galega, mentres, ante a crise do Grupo Municipal Socialista, defendeu que “non hai nada nestes momentos que poña en risco” a gobernabilidade da cidade. A preguntas dos medios este luns tras recibir no Pazo de Raxoi ao embaixador de Xapón en España, a rexedora evitou facer valoracións da situación do PSOE local, pero insistiu en que o goberno a afronta “con diálogo, conversacións e chegar a acordos”.

“As seis persoas que forman parte da corporación como representantes do PSOE son persoas serias, responsables, que van manter o compromiso cos veciños en cuestións que son chave e fundamentais para Santiago”, asegurou este luns, despois de que a pasada semana Ferraz comunicase a expulsión de catro dos seus edís na corporación municipal enfrontados coa dirección local do partido, Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez. Así mesmo, indicou que por parte do goberno manterán “un diálogo constante” para que os acordos “sexan unha realidade e sirvan para levar adiante os retos” que teñen o oito concelleiros que forman parte do executivo local.

Nesta liña, subliñou que viven “con moita tranquilidade” e, á súa vez, “con toda a responsabilidade” este “escenario novo” onde, engadiu, a organización que se faga “vai depender de cuestións técnicas que se tomarán no seu momento”. Doutra banda, cuestionada polas palabras a semana pasada do portavoz do PP local, Borja Verea, nas que sinalaba que a crise do PSOE supón “unha fractura total do pacto de gobernabilidade”, Sanmartín considera que as súas declaracións “hai moito tempo que perden total credibilidade”.

“Levamos gobernando esta cidade, imos seguir gobernando. Agradezo polo menos que cambiase de actitude no sentido de que decidise recoñecer que el non ten os apoios necesarios para gobernar nesta cidade e que, en todo caso, el terá que respectar este goberno municipal e as súas decisións”, manifestou antes de apuntar que seguirán traballando “con toda a seriedade e con toda a responsabilidade” para o conxunto dos veciños e que “non hai nada nestes momentos que poña en risco esta situación”.

LARA MÉNDEZ DESTACA A NECESIDADE DE “ACTUAR” CONTRA OS EDÍS

A vicesecretaria xeral do PSdeG, Lara Méndez, expresou o seu “respecto” por todas as opinións vertidas sobre a expulsión provisional de catro edís do PSOE de Santiago enfrontados coa dirección local. “Escoitamos todas as opinións pero, en función de se se cumpren ou non os estatutos, hai que actuar”, aseverou. Méndez referiuse así (a preguntas dos xornalistas nunha rolda de prensa celebrada este luns) aos tweets publicados polo exalcalde socialista de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, no que se refería ao expediente sancionador como algo “leninista e non socialista”. “É unha opinión que se escoita e que en moitos casos non se comparte, pero é libre de opinar”, insistiu, remarcando que é unha situación desagradable “en Santiago ou no concello máis pequeno de Galicia”.

“Non queremos confrontacións nin abrir expedientes, pero se nos dotamos de instrumentos e mecanismos para ter unha disciplina de partido e un marco no que movernos, temos que cumprir todos, desde o militante de hai 40 anos ata o que milita desde onte”, sinalou. Respecto da portavocía, apuntou que o “lóxico” é que se hai un grupo socialista, “quen ostente a portavocía sexa do grupo, non unha persoa que deixa de pertencer ao grupo“. Lara Méndez tamén se pronunciou sobre o expediente de Martín Seco, que solicitou recentemente a súa resolución, algo que a deputada socialista ve “tremendamente razoable”. “Esperemos que Madrid resolva esta situación”, comentou.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...