InicioCULTURABaiuca cerra a súa primeira data despois de bater récord na Capitol

Baiuca cerra a súa primeira data despois de bater récord na Capitol

Con catro noites e cun completo sold out Baiuca presenta Barullo, o seu último álbum

Publicado o

Por David Marante Manteiga

A pasada noite comezou a primeira de catro noites de presentación de ‘Barullo’ o último disco de Baiuca. Este produtor e músico é coñecido pola súa mestura de ritmos electrónicos e tradicionais, sendo un dos grandes referentes internacionais da nosa cultura. Non só conquistou medio Europa tocando en lugares como Suíza, Francia e Reino Unido entre outros; se non que tamén levou a música en galego a outros continentes tocando en países como Sudán, Marrocos, México, Colombia, etc.

Nos seus concertos ademais de xogar cos sintetizadores, creando ritmos máis frenéticos, mostra o seu talento como músico tocando instrumentos como a frauta ou as cunchas.

É de destacar a calidade e variedade de colaboracións que este artista agrupa nas súas composicións, colaboracións que non só se quedan entre as paredes dun estudo, se non que leva consigo a cantar e tocar en directo. Desta forma ao longo do seu show son habituais as aparicións dalgúns dos artistas máis recoñecidos do panorama galego.

Exemplos disto son as aparicións da pasada noite; Alejandra e Andrea Montero compoñentes de grupos como Aliboria ou Lilaina, así como Xosé Lois Romero, quenes xa levan anos acompañando a Baiuca polos escenarios. Antía Muíño, cantante e música, é outro destes exemplos, así como Felisa Segade que xa colaborara anteriormente como integrante do grupo Leilía, facéndoo agora en solitario nas pezas “Navajitas” e a canción homónima “Barullo”. Antía Ameixeiras, cantante e violinista dos grupos Caamaño e Ameixeiras ou Maricarme, uniuse a este último proxecto con tres colaboracións: Sementei, Xoia e Sísamo. Outro nome que se suma a este disco e que se subiu ao palco a acompañar a Baiuca é Xurxo Fernandes, coas cancións Navajitas e PAEQB.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here